A lingua tinigua (ou tiniguas) é unha lingua indíxena seriamente en perigo que se fala en Colombia. No ano 2000, o tinigua só tiña dous falantes nativos, ámbolos dous varóns, no departamento de Meta, entre os ríos Guayabero e Yari. En 2013, o número reduciuse a só un. O tinigua pertence á pequena familia lingüística tinigua-pamigua xunto coa exinta lingua pamigua. O tinigua está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Linguas tinigua-pamigua Categoría:Linguas de Colombia