A lingua cocama (ou kokáma) é unha lingua indíxena da familia tupí-guaraní falada polo pobo cocama en Colombia, Venezuela, o Perú e o Brasil. O cocama está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Os falantes de cocama teñen unha taxa de alfabetización do 3% na súa propia lingua, comparado co 50% de alfabetización en lingua castelá. As regras gramaticais foron desenvolvidas usando o alfabeto latino. Algunhas partes da Biblia foron traducidas a esta lingua.

O cocama está estreitamente relacionado coa lingua omagua, unha lingua seriamente ameazada falada no Perú e no Brasil.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas tupí-guaranís Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas do Brasil