Non confundir con Guillermo Alonso (Mondoñedo 1836-1865), avogado e deputado provincial.

Guillermo Alonso Barcia, nado en Pontevedra en 1982, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Estudou no IES Sánchez Cantón. Traballou en Madrid, como xornalista para televisión en Telecinco, para prensa na publicación LGTB+ Shangay e en web dirixindo a edición dixital española de Vanity Fair e traballando na edición web do suplemento de tendencias Icon para El País.

O seu podcast Arsénico Caviar gañou o Ondas Global do Podcast 2023 a mellor conversacional.

Obra Narrativa Vivan los hombres cabales (2019). Niños gratis. 112 páxs. ISBN 978-8494933318. Muestras privadas de afecto (2021). Papire Books. 310 páxs. ISBN 9788494845772. Novela. La lengua entre los dientes (2023). Círculo de tiza. 316 páxs. ISBN 978-8412627282. El efecto deseado (2025). Seix Barral. 380 páxs. ISBN 9788432248771.

Ensaio Michael Jackson: música de luz, vida de sombras (2020). Random Cómic. 144 páxs. ISBN 978-8417247478. Novela gráfica con debuxos de Carla Fuentes. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novelistas de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes