Michael Anthony Torres Monge, nado en Río Piedras, Porto Rico, o 15 de xaneiro de 1994, máis coñecido como Myke Towers, é un cantante, rapeiro e compositor portorriqueño.
Traxectoria Naceu o 15 de xaneiro de 1994 en Porto Rico, e dende moi pequeno demostrou interese pola música. En 2013, comezou a publicar os seus primeiros sinxelos na plataforma dixital SoundCloud, onde logrou ter aceptación polo público oínte da música urbana. O ano seguinte, participou nun documental sobre a escena musical urbana en Porto Rico titulado Trilligans Island.
En 2016 publicou o seu mixtape debut El final del principio, debutando no primeiro lugar da lista iTunes e alcanzou o posto 12 en Latin Rhythm Albums. O disco estivo producido pola discográfica G Starr Entertainment da cal se desprenden sinxelos como «Dinero en mano», «Déjate ver», «No sabe nada» ou «Alternativas».
En 2019, estreou o sinxelo «Si se da», xunto a Farruko, tema que lle deu recoñecemento a nivel internacional. Despois lanzou a versión remix en compañía de Farruko, Sech, Arcángel e Zion. Piso 21 lanzou o sinxelo «Una vida para recordar» con Towers. Ese mesmo mes Towers realizou outra colaboración, esta vez con Bad Bunny, na canción «Estamos arriba». En maio de 2019, o seu éxito «La playa» situouse no top 20 como canción máis vendida en España, e na versión remix colabora con Maluma e Farruko. Tamén colaborou con Becky G na canción «Dollar»; que se lanzou cun vídeo musical o 12 de xullo. O 20 de decembro de 2019, lanzou «Perriandote» xunto aos artistas Luigi 21 Plus e Ñengo Flow.
O 24 de xaneiro de 2020, publica o seu álbum de estudio debut, titulado Easy Money Baby, en honra ao seu fillo Shawn Torres. No mes de febreiro o tema «Diosa» situouse no posto N.º 1 da lista de Éxitos España de Spotify.
Ao longo do 2020, sacou varios sinxelos como La Playa Remix, Michael Myers, Michael X, Chegará, Maior en colaboración con Yandel e Diosa Remix con Anuel AA e Natti Natasha ou Sigo Fresh Remix, un tema co rapeiro arxentino Duki, Da Ghetto, Lume e Juicy J.
Coa súa participación con Wisin en "Los Legendarios 001" na canción «Mi niña», logrou o primeiro lugar na lista Latin Airplay de Billboard, á súa vez, certificación Platino pola RIAA e posteriormente, colaborou para a remestura xunto a Anitta e Maluma.
Discografía Álbums de estudio 2020: Easy Money Baby 2021: Lyke Myke 2023: La vida es una 2023: LVEU: Vive La Tuya...No La Mia 2024: La Pantera Negra
Mixtapes 2016: El final del principio
EP's 2020: Para Mi Ex
Sinxelos TítulonoPosicións máximas no gráficoCertificaciónsÁlbumUSLatinUSLatinPopARGCOLMEXSPA"Amor Juvenil"2016—————— N/A"Si Se Da"2019——13——9 Easy Money Baby"Traicionera"—————— N/A"Estamos Arriba" —————54 —"Inocente"—————27—"Una vida para recordar" —2585101069 —"Dollar" 32—41——19Mala santa"Piensan"—————25N/A"Perriandote"———————"Traficando"——————The Goat"—" sinala unha gravación que non se lanzou nese territorio.
Vídeos musicais +TítuloAnoOutro artista (s)Director(es)«Una vida para recordar»2019Piso 21Paloma Valencia«Dollar»Becky GEif Rivera
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Porto Rico Categoría:Cantantes de Porto Rico