miniatura| Vaso de porcelana arcaica Xuande da dinastía Ming e marca de seis caracteres kanji O emperador Xuande (en chinés : 宣德帝; pinyin : Xuāndé dì) (1399 - 1435) foi o quinto emperador da dinastía Ming e tamén un destacado pintor, coñecido neste campo como Zhū Zhānjī (pinyin) ou Xuanzong.

Biografía Xuande era o fillo máis vello do emperador Hongxi e da emperatriz Cheng Xiao Zhao. Era sobriño do príncipe Zhu Gaoxu, o militar e favorito do emperador, que se rebelou e acabou cruelmente torturado.

Durante o seu reinado, China tivo estabilidade política. En 1427, Annam independizouse e para asegurar as súas fronteiras decidiu loitar contra os mongois.

Con este emperador chega a gran expedición marítima dirixida polo almirante eunuco Zheng He. O seu sucesor foi o emperador Zhengtong .

Obra pictórica miniatura| "Xibóns xogando", pintura de Xuande (1427) miniatura| O emperador xogando ao golf. Xuande (alias Zhu Zhanji) foi poeta e pintor. Destacou na pintura de animais. As súas obras expóñense en museos como os seguintes:

Museo Nacional do Palacio de Taipei Museo Arthur M. Sackler (parte do Harvard Museum of Art de Cambridge).

Referencias

Bibliografía

Hong Xidi Xuande Di. Emperador Ming Biography (edición chinesa) de Jiang Shoupeng, literatura e historia de Jilin. 1996 . .

Ligazóns externas

Categoría:Emperadores da China