Valerie L. Thomas, nada o 8 de febreiro de 1943, é unha científica e inventora estadounidense. Inventou o Illusion Transmitter (transmisor de ilusión), polo que recibiu unha patente en 1980. Foi a responsable do desenvolvemento dos sistemas de procesamento de imaxes de formatos de medios dixitais utilizados nos primeiros anos do programa Landsat.

Traxectoria Valerie Thomas interesouse pola ciencia cando era nena, despois de observar o seu pai xogar coa televisión e ver as pezas mecánicas dentro da televisión. Á idade de oito anos, leu The Boys First Book on Electronics, que espertou o seu interese nunha carreira científica. O seu pai non a axudou cos proxectos do libro, a pesar do seu propio interese pola electrónica. Na escola para nenas á que asistiu, non se lle animou a seguir cursos de ciencias e matemáticas, aínda que logrou tomar un curso de física. Valerie non tivo moito apoio cando era nena. Aínda que os seus pais e a súa mestra da escola non loitaron polo seu dereito a estudar ciencias, tivo algúns mestres que loitaron por ela a unha idade temperá. Continuou asistindo á Universidade Estatal de Morgan, onde foi unha das dúas mulleres que se especializaron en física. Thomas destacouse nos seus cursos de matemáticas e ciencias na Universidade Estatal de Morgan e despois de graduarse cun título en física pasou a traballar para a NASA.

En 1976 asistiu a un seminario científico onde viu unha exhibición que demostraba unha ilusión. A exhibición utilizou espellos cóncavos para enganar o espectador facéndolle crer que unha lámpada estaba acendida mesmo despois de ser desenroscada do seu casco. Estaba tan sorprendida polo que viu neste seminario que quixo empezar a crear isto pola súa conta. Máis tarde comezou a experimentar con espellos planos e cóncavos. Os espellos planos terían un reflexo en certo obxecto que parecería estar detrás do vidro. O espello cóncavo tería un reflexo que en realidade estaría fronte ao vidro, producindo unha ilusión tridimensional.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2. Francesca Cavallo e Elena Favilli (2018). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-840-81-8325-9

Outros artigos Mulleres na NASA

Ligazóns externas

Valerie Thomas, la inventora que se convirtió en científica de la NASA contra todo pronóstico no blog Mujeres con Ciencia.

Categoría:Persoal da NASA Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Maryland