Joaquina García García, nada no Porto do Son en 1879 e finada en 1939, foi a inventora dun dos primeiros traxes de auga para a pesca.

Traxectoria Joaquina García, coñecida polo alcume da Ghaxola, deseñou un traxe para que o seu pai, mariñeiro de profesión, fose ao mar e non se mollase. O bo resultado fixo que recibise encargos doutras xentes do mar interesadas nos traxes.

Os primeiros traxes de augas foron producidos pola familia de Gaspar Ben e Ana María Castro en 1896, e pouco despois pola propia Joaquina a finais da década de 1890. Para atender tódalas peticións, que viñan de distintos puntos da costa española, tivo que montar un taller onde traballaron máis costureiras.Rodríguez Rodríguez, Anair 2019 No Porto do Son chegou a haber oito pequenas factorías que producían estes traxes. miniatura|Mariñeiro con roupa de augas, escultura na illa de Arousa. No Porto do Son hoxe non quedan vestixios desa industria, pero instalouse unha escultura do artista Miguel Couso en homenaxe "ás xentes do mar" dun mariñeiro vestido con roupa de augas. Noutros lugares os mariñeiros foron representados en esculturas con esa indumentaria tradicional.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442

Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos