Lucas Riva Amarante "Bebê" Nogueira, nado o 26 de xullo de 1992 en São Gonçalo (Río de Xaneiro), é un ex xogador brasileiro de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional Nogueira comezou en 2009 nas categorías inferiores do CB Estudiantes. En 2011, foi cedido ó CB Las Rozas para tempada 2011-12. O 27 de xuño de 2013, Nogueira renovou o seu contrato co Estudiantes por dous anos máis, e a tempada seguinte conseguiu o galardón ó mellor defensor da Liga ACB.
Nogueira foi seleccionado na 16ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Boston Celtics, e foi traspasado ós Atlanta Hawks.
O 30 de xuño de 2014, os dereitos do Draft de Nogueira foron traspasado xunto a Lou Williams ós Toronto Raptors, a cambio de John Salmons e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015. O 3 de agosto de 2014, asinou cos Raptors. O 21 de novembro de 2014, Nogueira debutou na NBA, facendo dous puntos e cinco rebotes na vitoria dos Raptors por 124–83 contra os Milwaukee Bucks.
O 9 de setembro de 2018, Nogueira asinou co Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB.
Tralo seu paso polo Al-Muharraq SC de Bahrain e polo Cearense brasileiro, Nogueira anunciou a súa retirada do baloncesto profesional o 3 de febreiro de 2021 debido ás súas lesións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro Categoría:Xogadores de baloncesto do Brasil Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada