Minari. Historia da miña familia (en ; en ) é un filme estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Lee Isaac Chung. Está protagonizado por Steven Yeun, Han Ye-ri, Alan Kim, Noel Kate Cho, Youn Yuh-jung e Will Patton. É unha historia semiautobiográfica de Chung e o argumento conta a historia dunha familia surcoreana que tenta refacer a súa vida nunha área rural estadounidense durante a década de 1980.

Minari estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 26 de xaneiro de 2020, gañando o Gran Premio do Xurado e o Premio do Público. Estreouse durante unha semana de maneira virtual o 11 de decembro de 2020, e posteriormente estreouse nos cinemas e en cinema virtual o 12 de febreiro de 2021 a través de A24. O filme recibiu a aclamación da crítica, sendo considerado como un dos mellores filmes de 2020. Conseguiu seis nomeamentos na 93ª edición dos Óscar. Gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa, foi nomeado ó premio Screen Actors Guild ó mellor elenco, e conseguiu seis nomeamentos ós BAFTA.

Estreouse subtitulado en galego o 12 de marzo de 2021 a través da Duplex Cinema (Ferrol) e NUMAX (Santiago de Compostela). A tradución ao galego do filme fíxoa Samuel Solleiro e contou co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e A Contracorriente Films.

Personaxes Steven Yeun como Jacob Yi Han Ye-ri como Monica Yi Alan Kim como David Yi Noel Kate Cho como Anne Yi (Ji-young) Youn Yuh-jung como Soon-ja Will Patton como Paul Scott Haze como Billy Jacob Wade como Johnnie

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes ambientados en 1983 Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes de 2020 con versión en galego