Mary Agnes Meara Chase, nada no Condado de Iroquois (Illinois)Smith Jr. (2018), p. 2 o 29 de abril de 1869 e finada en Bethesda, 24 de setembro de 1963 foi unha botánica estadounidense que traballou para o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos e o Instituto Smithsoniano. Está considerada como a maior experta en gramíneas. Tamén é coñecida polo seu traballo co movemento sufraxista en Estados Unidos.
Traxectoria Mary Agnes creceu en Chicago. A súa nai era unha obreira industrial e o seu pai un ferreiro que traballaba nos ferrocarrís e que morreu cando Agnes tiña só 2 anos. Asistiu á escola primaria e pronto empezou a traballar para axudar á súa familia, pero no seu tempo libre gustáballe estudar botánica. En 1888 casou co editor William Ingraham Chase, de 34 anos, pero só un ano despois este morreu de tuberculose.Teresa Boyd (ed.). «The Other Side of Mary Agnes Chase». Smithsonian Institution Archives. Consultado em 18 de agosto de 2017 Coa morte do seu marido e ao non poder manterse, mudouse coa súa cuñada, cuxo fillo a animou a seguir a carreira de botánica.
Carreira esquerda|miniatura|Mary Agnes Chase no Brasil, 1929 Facía debuxos de plantas e o diñeiro que obtiña utilizábao para pagar algunhas clases de botánica na Universidade de Chicago e no Instituto Lewis. Por esta época, tamén traballou co reverendo Ellsworth e o botánico Jerome Hill, para quen realizou algunhas ilustracións botánicas.
En 1901, converteuse en asistente no Museo Field de Historia Natural baixo a dirección de Charles Frederick Millspaugh, onde publicou os seus primeiros traballos: Plantae Utowanae (1900) e Plantae Yucatanae (1904).
Dous anos máis tarde, entrou no Departamento de Agricultura dos Estados Unidos como ilustradora botánica, pasando a ser asistente científica de agrostoloxía en 1907, logo botánica asistente en 1923 e botánica asociada en 1925, todo iso baixo a supervisión do botánico Albert Spear Hitchcock. Os dous traballaron xuntos durante case vinte anos, colaborando e publicando xuntos. Os dous empezaron a catalogar e clasificar as gramíneas de América do Norte e do Sur, e coa morte del, Mary Agnes tivo dificultades para conseguir financiamento para as expedicións, tendo que pagar a miúdo do seu peto.
Á morte de Hitchcock en 1936, Mary Agnes substituíuno como botánica xefe, encargada da agrostoloxía sistemática e responsable das gramíneas, división de plantas do Museo Nacional de Historia Natural, do que se retirou en 1939, pero continuou como conservadora do herbario de gramíneas ata a súa morte en 1963.
Un ano antes da súa xubilación, foi convidada polo goberno de Venezuela a asesorar ao seu ministerio de agricultura no desenvolvemento dun programa de xestión. Durante este período, cultivou máis de 400 tipos diferentes de gramíneas de diversos lugares, como os Andes e a selva tropical.
Movemento Sufraxista Por ser muller, Mary Agnes enfrontouse aos prexuízos na ciencia, sendo excluída das expedicións a Panamá en 1911 e 1912 porque os patrocinadores temían que a presenza dunha muller puidese distraer aos homes. Durante a Segunda guerra mundial, Mary Agnes marchou xunto a Alice Paul, sufraxista e activista dos dereitos civís, e foi detida en varias ocasións. En 1918, foi detida tras facer un piquete fronte á Casa Branca. Negouse a saír baixo fianza e foi detida durante dez días, nos que fixo unha folga de fame e foi alimentada á forza por unha sonda nasogástrica.
Premios e recoñecementos
1956, Certificado de Mérito da Botanical Society of AmericaOgilvie & Hardy (2000), pp. 246-247 1958, Doutora Honoris Causa da Universidade de Illinois 1959, Membro honorario do Smithsonian Institution 1961, Membro da Linnean Society of London
Epónimo
(Poaceae) Agnesia Zuloaga & Judz.Novon 3(3): 306 (1993). (IK)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Henson, Pamela M. (2002). Invading Arcadia:Women scientists in the field in Latin America, 1900-1950. The Americas. 58 (4): 577-600
Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0
Ligazóns externas
Mary Meara Chase, destacada botánica y activa feministano blog Mujeres con Ciencia.
Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Sufraxistas Categoría:Nados en Illinois Categoría:Finados en 1963 Categoría:Nados en 1869