O Orfeón Brigantino foi unha agrupación coral da cidade da Coruña. Foi a sección coral do Liceo Brigantino. Tivo como directores a Pascual Veigae Xosé Baldomir.En 1877 o Orfeón Brigantino participou no certame organizado polo Círculo de Ximnasia e Esgrima, no que gañou o primeiro premio coa interpretación da obra El Amanecer, de Eslava.

O seu fundador, Pascual Veiga, escribiu obras para a agrupación como ¡A nosa terra! Escena coral en verso en un auto (1879), mais en 1878 decidiu abandonar a formación para crear o Orfeón Coruñés.

En xullo de 1892 aparece como director do Orfeón Brigantino o compositor coruñés Xosé Baldomir, que permanecerá á fronte da agrupación canto menos ata 1894, cando asumiu a dirección da Coral Polifónica El Eco.

Notas

Categoría:Corais polifónicas de Galicia Categoría:Grupos musicais da Coruña