Marcial de Torres Adalid, nado na Coruña en 1816 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1890, foi un pianista e compositor galego, primo do tamén compositor coruñés Marcial del Adalid Gurrea. Traxectoria Comezou a súa formación musical na súa cidade natal con Antonio Marti, organista da Colexiata de Santa María do Campo, continuándoos en Londres co virtuoso pianista bohemio Ignaz Moscheles. Ao longo da súa vida realizou viaxes por toda Europa, establecendo amizade con músicos como Franz Liszt, Frédéric Chopin ou Gioachino Rossini, e dando concertos na capital británica, Francia, Alemaña, Rusia ou Italia, así como no Palacio Real de Madrid ante a raíña de España Isabel II.

Entre 1856 e 1858 residiu en Lisboa, trasladándose en 1859 a Madrid, onde permaneceu ata 1867. En 1868 regresou a Galicia, onde entre 1868 e 1870 residiu en Ourense antes de establecerse definitivamente na súa cidade natal en 1870.

Foi mestre do destacado compositor coruñés Xosé Baldomir.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1816 Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en 1890