Chloé Zhao ou Zhao Ting (chinés simplificado: 赵婷; pinyin: Zhào Tíng), nada en Pequín o 31 de marzo de 1982, é unha directora de cinema, produtora e guionista chinesa, coñecida principalmente polo seu traballo no cinema independente estadounidense.

Obtivo un gran recoñecemento polo seu traballo no filme Nomadland, polo que recibiu os premios ao mellor filme e á mellor dirección, o que a converteu na segunda muller da historia que recibía o premio despois da cineasta estadounidense Kathryn Bigelow; tamén se converteu na segunda muller, despois de Jane Campion, e na primeira muller non caucásica en ser candidata dúas veces ao mellor director. Porén, a súa vitoria foi censurada na China e bloqueada nas plataformas de medios chinesas.

Traxectoria Zhao naceu en Pequín, aínda que pasou a súa adolescencia en Brighton (Reino Unido). Marchou aos Ánxeles para finalizar o instituto. Estudou ciencias políticas en Mount Holyoke College (Massachusetts), despois do que se apuntou a un programa de produción de cinema da New York University Tisch School of the Arts.

Debutou como directora con Songs My Brothers Taught Me. O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2015 como parte da competición oficial estadounidense. Máis tarde mostrouse no Festival de Cannes dentro da Quincena dos Directores. Fortissimo Films adquiriu o filme como o seu axente de vendas internacionais e estreouse nos cinemas franceses por Diaphana Distribution. Foi candidata ao Independent Spirit Award á mellor ópera prima.

En 2017, foi premiada no Festival de Cannes polo seu filme The Rider, un western contemporáneo que segue a viaxe de autodescubrimento dun vaqueiro novo tras un accidente case fatal que acabou coa súa carreira no rodeo profesional. Como no seu primeiro filme, Zhao contratou un elenco de "non actores" que vivían nas localizacións da rodaxe.

En 2020 gañou, polo seu filme Nomadland, o León de Ouro no Festival de Venecia e o Premio do Público no Festival Internacional de Cinema de Toronto, e nos premios Independent Spirit, conseguiu os premios á mellor película, á mellor directora e á mellor edición. Nos BAFTA de 2021, a película tamén conseguiu o premio á mellor película e dirección entre outros.

Filmografía Ano Título Directora Guionista Produtora Montadora Notas Ref. 2015 Songs My Brothers Taught Me Kino Lorber 2017 The Rider Sony Pictures Classics 2020 Nomadland Searchlight Pictures 2021 Eternals Walt Disney Studios Motion Pictures2025Hamnet

Premios

Premios Óscar AnoCategoríaPelículaResultado2021Mellor películaNomadlandGañadoraMellor directoraGañadoraMellor guión adaptadoNomeadaMellor montaxeNomeada2026Mellor directoraHamnetPendenteMellor guión adaptadoPendente

Globos de Oro AnoCategoríaPelículaResultado2020Mellor película - DramaNomadlandGañadoraMellor directoraGañadoraMellor guiónNomeada2026Mellor película - DramaHamnetGañadora

Premios BAFTA AnoCategoríaPelículaResultado2020Mellor películaNomadlandGañadoraMellor direcciónGañadoraMellor guión adaptadoNomeadaMellor montaxeNomeada

Premios Independent Spirit AnoCategoríaPelículaResultado2015Mellor ópera primaSongs My Brothers Taught MeNomeada2017Mellor películaThe RiderNomeadaMellor direcciónNomeada2020Mellor películaNomadlandGañadoraMellor direcciónGañadoraMellor ediciónGañadora

Festival Internacional de Cine de Cannes AnoCategoríaPelículaResultado2017Premio Art CinemaThe RiderGañadora

Festival Internacional de Cine de Venecia AnoCategoríaPelículaResultado2020León de OuroNomadlandGañadora

Festival Internacional de Cine de Toronto AnoCategoríaPelículaResultado2020Premio do públicoNomadlandGañadora

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en IMDb

Categoría:Nados en Pequín Categoría:Nados en 1982 Categoría:Directores de cinema da China Categoría:Guionistas da China Categoría:Produtores de cinema Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Editores de cinema