, nado en Ikata o 22 de maio de 1954, é un enxeñeiro electrónico e inventor estadounidense de orixe xaponesa especializado no eido da tecnoloxía dos semicondutores, profesor no Departamento de Materiais no College of Engineering da University of California, Santa Barbara (UCSB).

Polo seu traballo foi galardoado co Premio Nobel de Física de 2014, xunto con Isamu Akasaki e Hiroshi Amano pola "invención de diodos emisores de luz azuis eficientes que permitiron fontes de luz branca brillantes e que aforran enerxía". En 2015, a súa achega á comercialización e o desenvolvemento da tecnoloxía de iluminación LED branca de baixo consumo foi recoñecida co Premio Global Energy. En 2021, Nakamura, xunto con Akasaki, Nick Holonyak, M. George Craford e Russell D. Dupuis foron galardoados co Queen Elizabeth Prize for Engineering "pola creación e desenvolvemento de iluminación LED, que constitúe a base de toda a tecnoloxía de iluminación de estado sólido".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Shuji Nakamura, Gerhard Fasol, Stephen J. Pearton, The Blue Laser Diode : The Complete Story, Springer; 2ª edición, 2 de outubro de 2000, () Ligazóns externas Ficha en Nobelprize.org

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Físicos do Xapón Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Premios Nobel do Xapón Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América