Alfred Lahai Gbabai Brownell, nado en 1965/1966, é un activista ambiental e avogado liberiano. Brownell chamou a atención a nivel internacional por causa da súa loita para evitar a destrución dos bosques tropicais para a produción de aceite de palma. Despois de recibir ameazas de morte como resultado do seu traballo, el e a súa familia fuxiron de Liberia en 2016. En 2019 gañou o premio Ambiental Goldman, tamén chamado de "Nobel Verde", polo seu traballo na protección de máis de 2000 quilómetros cadrados do bosque tropical que eran terras tradicionais das comunidades locais.
Despois de deixar Liberia, converteuse no "bolsista residente no Programa de Dereitos Humanos e Economía Global da Northeastern University School of Law".
Notas
Categoría:Activistas de Liberia Categoría:Nados en Liberia Categoría:Nados no século XX Categoría:Premio Medioambiental Goldman