A discromatopsia (do gr. δυσ-, anomalía ou dificultade, χρῶμα, -ατος, cor, e ὄψις, vista) é unha discapacidade da visión das cores que pode ser conxénita, como no daltonismo, ou adquirida. Segundo a cor involucrada e o grao de afectación distínguense:

Protanopia: falta total do sistema receptor da cor vermella (cegueira para a cor vermella). Deuteranopia: falta total dos receptores para o verde (cegueira para a cor verde). Tritanopia: falta total de receptores para o azul (cegueira para a cor azul). Acromatopsia: é a ausencia total da percepción de cores ou cegueira para as cores verde, azul, branco e rosa.

Véxase tamén

Outros artigos

Daltonismo Tritanomalía

Ligazóns externas

Boletín da Sociedade Peruana de Medicamento Interno - Vol. 12 N.º 2 - 1999.

Categoría:Doenzas conxénitas Categoría:Vista