Spiritbox é un grupo musical canadense de heavy metal con orixe na Illa de Vancouver.
Historia Antes de comezar o grupo no 2016, a parella Courtney LaPlante e Mike Stringer pertenceran o grupo iwrestledabearonce. O grupo acadou o seu maior éxito comercial e de crítica coa publicación do sinxelo "Holy Roller" en xullo de 2020. A versión orixinal do tema estivo sete semanas no número 1 da lista Liquid Metal's “Devil’s Dozen” de SiriusXM e foi nomeado como a canción número 1 de 2020 desta cadea de radio. O tema acadou máis de 1,5 millóns de visualizacións en YouTube en seis meses. En setembro de 2020 Spiritbox anunciou que asinaran co selo Rise Records, como parte dunha colaboración con Pale Chord Records.
Spiritbox formaba parte dos carteis das edicións de 2021 do Download Festival e do Resurrection Fest, que finalmente se pospuxeron ata 2022.
Estilo musical e influencias O grupo mestura varios estilos musicais nos seus temas, sendo clasificado como metal progresivo, djent e metalcore entre outros xéneros. A vocalista Courtney LaPlante citou como influencias a Deftones, Tesseract e Kate Bush.
Membros
Membros actuais Courtney LaPlante - voz (2016–) Michael "Mike" Stringer - guitarra (2016–) Bill Crook - baixo (2018–) Zev Rose - batería (2020–)
Membros de xira Ryan Loerke - batería (2018-2020)
Discografía
EPs Spiritbox (Consumer Records, 2017) Singles Collection (Pale Chord Records, Rise Records 2019)
Sinxelos "Perennial" (Pale Chord Records, Rise Records 2018) "Electric Cross" (Pale Chord Records, Rise Records 2018) "Trust Fall" (Pale Chord Records, Rise Records 2018) "Belcarra" (Pale Chord Records, Rise Records 2019) "Bleach Bath" (Pale Chord Records, Rise Records 2019) "Rule of Nines" (Pale Chord Records, Rise Records 2019) "Blessed Be" (Pale Chord Records, Rise Records 2020) "Holy Roller" (Pale Chord Records, Rise Records 2020) "Constance" (Pale Chord Records, Rise Records 2020) "Circle With Me" (Pale Chord Records, Rise Records 2021)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Grupos musicais da Columbia Británica Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais de post-metal