Ceferino Barbazán Montes, nado en Vigo o 1 de maio de 1890 e finado en Nova York en setembro de 1984, foi un empresario, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Ceferino Barbazán, militar retirado en Vigo, e María Francisca Montes. Emigrou aos Estados Unidos de América en 1920 e instalouse en Nova York. Foi xerente do departamento de crédito do Hotel Ritz Carlton,Vida Gallega, 20-10-1927 , p. 28. e empresario dedicado á importación de froitas. En xuño de 1934 recibiu e acompañou ao coro galego Anaquiños da Terra de Madrid na súa xira polos Estados Unidos.El Eco de Santiago, 4-6-1934, p. 1. En xullo dese ano chegou a Vigo para facer negocios en España,El Pueblo Gallego 5-7-1934, p. 10. e visitou Almería para coñecer o negocio da laranxa.Heraldo de Almería, 2-11-1934, p. 1. Presidente de The Spanish Newspaper Corporation, dirixiu o periódico La Voz aparecido en agosto de 1937 vinculado á Fronte Popular Antifascista Galega, onde se publicaron varios artigos de Castelao.

Vida persoal Casou con Obdulia Sandoval e foi pai de Gloria Barbazán Sandoval, nacida en 1925.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1984