Gail Marie Bradbrook, nada en South Elmsall o 30 de abril de 1972, é unha activista polo clima británica e cofundadora do movemento social ambiental Extinction Rebellion.

Traxectoria Bradbrook naceu no condado de Yorkshire do Oeste e o seu pai traballaba nunha mina en South Kirkby. Estudou biofísica molecular na Universidade de Mánchester e realizou un doutoramento. Despois de graduarse, realizou traballos postdoctorais na India e Francia. O interese polos dereitos dos animais levou a Bradbrook a unirse ao Partido Verde con 14 anos.

De 2003 a 2017 foi directora de estratexia en Citizens Online, unha organización que promove un acceso máis amplo a Internet para usuarios discapacitados. Durante ese período, participou no lanzamento da campaña "Fix the Web" en novembro de 2010.

Participou en varios grupos activistas en Stroud, incluído un período no que estivo como directora voluntaria da organización Transition Stroud entre 2010 e 2013, así como unha protesta contra o fracking, diversas accións en oposición á construción dun incinerador local, incluíndo unha protesta nudista, e un bloqueo de Extinction Rebellion en Merrywalks, Stroud. En 2015, con George Barda, creou o grupo Compassionate Revolution (que se transformou en Rising Up!, de onde xurdiu Extinction Rebellion:

“Bradbrook estivera involucrada no movemento Occupy e as campañas en torno ao pico do petróleo, pero non puideron engalar".

En 2016, foise a un retiro psicodélico a Costa Rica, "onde tomou ayahuasca, iboga e kambo, en busca de certa claridade no seu traballo". Esa experiencia "fixo que cambiase o seu enfoque" para facer campaña. Pouco despois de regresar, coñeceu a Roger Hallam e crearon xuntos Extinction Rebellion. Bradbrook protesta para crear conciencia sobre os perigos do cambio climático antropoxénico e cre que só a desobediencia civil a grande escala pode provocar o cambio que se necesita.

Vida persoal Bradbrook casou dúas veces, a primeira vez con Jeffrey Forshaw e ten dous fillos. Vive en Stroud do mesmo xeito que o seu ex compañeiro Simon Bramwell, tamén cofundador de Extinction Rebellion.

Obra

2019. What is our place in these times? en This Is Not a Drill: An Extinction Rebellion Handbook. Penguin Books. pp. 185-186. ISBN 9780141991443.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Compassionate revolution – Gail Bradbrook – Off grid Festival 2016 – Vídeo de Youtube de PermanentCultureNow Rising Up! How Things Change: The Duty to Disobey – Gail Bradbrook fala na Universidade de SOAS, marzo de 2017 – Vídeo de Youtube de ExtinctionRebellion

Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Manchester