Ngụe Thị Khanh, nada en Bắc Giang en 1976, é unha ambientalista vietnamita, fundadora e directora executiva do Centro de Innovación e Desenvolvemento Verde (GreenID) en Vietnam. Tamén é a coordinadora de defensa da Rede de Ríos de Vietnam (VRN).

Traxectoria Khanh naceu en 1976 en Bắc, unha localidade da provincia de Bắc Giang. Graduouse no Instituto de Relacións Internacionais (Học vinện Quan hệ Quốc tế) en Hanoi. Desde 2008, é a coordinadora dos programas de sensibilización da Rede de Ríos de Vietnam (VRN), onde inicialmente traballara na limitación da contaminación da auga por actividades mineiras, e logo ampliou o enfoque para incluír outras fontes de contaminación así como a estratexia en política enerxética. Foi observadora oficial de Vietnam na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015.

Recoñecementos En 2018, Khanh foi galardoada co Premio Ambiental Goldman polo seu traballo con axencias gobernamentais vietnamitas no desenvolvemento de estratexias de enerxía sustentable a longo prazo que reduciron a dependencia da enerxía do carbón.

Notas

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Vietnam Categoría:Activistas de Vietnam