Rocío Monasterio San Martín, nada en Madrid o 4 de febreiro de 1974, é unha empresaria, arquitecta e política hispanocubana, deputada na Asemblea de Madrid. É a presidenta de Vox na Comunidade de Madrid.
Traxectoria Nada o 4 de febreiro de 1974, filla de pai cubano e nai española, as fontes diverxen en situar o nacemento de Monasterio, citando unhas Madrid, mentres outras o sitúan en Cuba. Monasterio afirma que naceu en Madrid. Os seus devanceiros cubanos foron terratenentes en Cienfuegos, propietarios do enxeño azucreiro «Manuelita» e donos da Compañía Azucreira Atlántica do Golfo, que chegou a cotizar na bolsa de Nova York. Trala revolución cubana de 1959 e a expropiación das súas empresas e propiedades, a familia recalou en España, onde o seu pai abriu o primeiro Kentucky Fried Chicken do país, en 1972.
Comezou estudos de arquitectura en 1992 na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM). O 15 de maio de 2001, contraeu matrimonio na capela das Escravas do Sacro Corazón de Xesús (La Moraleja) co promotor inmobiliario Iván Espinosa de los Monteros, fillo de Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós. Monasterio (aínda antes de posuír a titulación de arquitecta) dirixiu un estudo dedicado a adquirir locais para a súa transformación en lofts e a decorar vivendas de luxo, ofertadas polo seu marido.
Carreira política esquerda|miniatura|Monasterio nun acto de Vox en Vistalegre. Rocío Monasterio entrou a formar parte de Vox en 2014, sendo presidenta de Vox Madrid dende 2019. Tamén é responsable a nivel nacional da área de Asuntos Sociais, máis concretamente vicesecretaria de Asuntos Sociais do partido. O 18 de abril de 2019 foi anunciada como cabeza de lista do seu partido de cara ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2019, postulándose así como aspirante á presidencia da rexión, incorporándose José María Marco como número 2 da lista electoral. Ademais da súa actividade en Vox, foi fundadora da Plataforma polas Liberdades, entidade dedicada a «combater a ideoloxía de xénero», e do Foro Xeración do 78, unha asociación de debate sobre temas políticos, económicos, culturais e internacionais integrada por mozos profesionais.
Rocío Monasterio colabora tamén coa Fundación Renacimiento Demográfico e Fundación Madrina, que lle outorgou, xunto a Iván Espinosa, o Premio «Amigos Madrina» do valor de solidariedade persoal e familiar.
O 24 de marzo de 2021 foi anunciada como cabeza de lista nas eleccións á Asemblea de Madrid de 2021.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Deputados da XI Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados da XII Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Políticos de Vox Categoría:Políticos de España