Unha galleta dixestiva é unha galleta semidoce, cuxo nome procede da crenza de que tiña propiedades antiácidas debido ao uso de bicarbonato sódico nas receitas orixinais. Son coñecidas dende polo menos o ano 1876, cando apareceron en anuncios publicitarios de Huntley & Palmers, aparecendo unha receita no New Universal Cookery Book de Cassell (1894).Oxford English Dictionary.
Ingredientes A típica galleta dixestiva contén fariña integral grosa de trigo (o que lle dá a súa característica textura e sabor), azucre, aceite vexetal, gasificantes (normalmente bicarbonato sódico, ácido tartárico e acído málico) e sal. Tamén poden engadirse nalgunhas variedades soro de leite seco, fariña de avena, leite desnatada e emulxentes como o E472e. As galletas dixestivas poden non ser adecuadas para os alérxicos aos froitos secos ou a soia debido aos seus peculiares métodos de produción.
Debido a que se elaboran con fariña de trigo conteñen glute, polo cal están contraindicadas para os celíacos e alérxicos ao mesmo.
En Estados Unidos inclúen, como outros moitos alimentos, xarope de millo rico en frutosa. Non sucede así noutros países, onde se emprega máis azucre natural, como é o caso de Nova Zelandia ou o Reino Unido.
Unha galleta ten de media 70 kcal, aínda que isto varía segundo a forma concreta de produción.
Consumo As galletas dixestivas adoitan tomarse con té, café, leite ou cacao. Ás veces móllanse e cómense rápido pola súa tendencia a desintegrarse cando se empapan.
Só no Reino Unido as vendas de galletas dixestivas de chocolate ascenden a uns 35 millóns de libras anuais, uns 71 millóns de paquetes, consumíndose 52 galletas por segundo. Son tamén populares en repostaría, para elaborar as bases das tortas de queixo e outras sobremesas parecidas.
Variedades miniatura|O lado de chocolate dunha galleta dixestiva con chocolate con leite. Tamén se comercializan galletas dixestivas de chocolate, coa base cuberta de chocolate con leite, negro ou branco. Producidas orixinalmente por McVitie's en 1925 baixo a marca Chocolate Homewheat Digestive, outras variedades recentes inclúen a galleta básica con chocolate relado dentro (na masa), ou unha capa de caramelo, chocolate con menta ou chocolate con laranxa. O escritor de libros de viaxe estadounidense Bill Bryson describiu a galleta dixestiva de chocolate como unha «obra mestra británica».
Notas
Categoría:Sobremesas Categoría:Gastronomía Categoría:Doces Categoría:Biscoitos e tortas Categoría:Aperitivos