Poli Genova (en búlgaro, Поли Генова), nada en Sofía o 10 de febreiro de 1987, é unha cantante búlgara.
Traxectoria Estudou clarinete na escola Ljubomir Pipkov e representou ao seu país en Eurovisión 2011 coa canción Na inat (На инат), que significa "Por capricho".
Desde 2011, é xuíza do programa X Factor. Tamén no mesmo ano, fixo a dobraxe en búlgaro de Pitufiña na película Os Pitufos.
En 2013, participou no reality show Academia de música (Музикална академия) alcanzando un grande éxito e ademais gañando o concurso.
En 2015, foi a presentadora do Festival da Canción de Eurovisión Júnior 2015. Ese mesmo ano, o 19 de febreiro, confirmouse que novamente representaría a Bulgaria en Eurovision 2016, que se celebrou en Estocolmo, Suecia coa canción "If Love Was A Crime" (en galego, Se o amor fose un crime), coa que logrou un grande éxito e conseguiu alzarse ao cuarto posto na Gran Final.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Manel Navarro Barei Kristian Kostov Festival de Eurovisión Ligazóns externas Páxina oficial de Genova en Facebook
Categoría:Nados en Sofía Categoría:Nados en 1987 Categoría:Cantantes de Bulgaria