Roberto Rodríguez Araya, nado en Zürich o 28 de xullo de 1990, é un futbolista suízo, de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen.
É o irmán máis vello dos futbolistas Ricardo e Francisco Rodríguez.
Traxectoria Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar. Criouse na canteira do Grasshopper e no 2009 fichou polo FC Wil, da Challenge League (segunda división do fútbol suízo). Xogou logo dous anos no AC Bellinzona e outros dous no FC St. Gallen, debutando con este último na Super Liga suíza e na UEFA Europa League, ata que no 2015 saíu por primeira vez a un equipo estranxeiro, fichando polo Novara Calcio da Serie B italiana. Na segunda parte da súa campaña en Italia foi cedido ao SpVgg Greuther Fürth, da segunda división alemá.
Na tempada 2016/17 fichou polo FC Zürich da súa cidade natal. Converteuse rapidamente nun fixo das aliñacións do equipo e acadou o ascenso á máxima categoría esa mesma tempada. No 2018 conquistou a Copa de Suíza tras derrotar na final ao Young Boys.
No mercado invernal da tempada 2018/19 marchou de novo a Alemaña, para xogar no KFC Uerdingen 05, da terceira división. No 2020 regresou a Suíza, fichando xunto a seu irmán Francisco polo FC Schaffhausen.
Palmarés FC Zürich
Copa de Suíza (1): 2017/18. Challenge League (1): 2017/18.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogadorno sitio web oficial do FC St. Gallen. . Arquivado dende o orixinal. Datos do xogador en Soccerway .
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Zürich Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Wil Categoría:Xogadores do AC Bellinzona Categoría:Xogadores do Spielvereinigung Greuther Fürth Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores do FC Schaffhausen