Mónica García Prieto, nada en Badaxoz en 1974, é unha xornalista española, reporteira internacional para distintos medios de comunicación españois, recoñecida e galardoada con importantes premios xornalísticos.
Traxectoria García Prieto é licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo, aínda que finalizou os dous últimos anos de carreira xa traballando en Italia despois dun tempo de prácticas en distintos medios.
Ao longo de máis de vinte anos foi correspondente en Roma, Moscova, Xerusalén, Beirut e Bangkok e percorreu o mundo como reporteira centrando as súas coberturas na denuncia dos abusos aos dereitos humanos en tempos de guerra e na defensa dos civís.
En 2001, traballando como reporteira para El Mundo, foi enviada a informar sobre a Guerra civil en Macedonia. Traballou en varios conflitos como o levantamento zapatista de Chiapas, a Segunda guerra chechena, a guerra de Xeorxia, as invasións de Afganistán e Iraq e a guerra civil iraquí.
En 2005, cubriu os múltiples ataques contra Gaza no conflito entre Israel e Palestina e, posteriormente, a guerra do Líbano, a guerra de Siria, así como as revoltas da Primavera árabe, entre outros.
Dende 2007, a súa carreira centrouse en Oriente Próximo, Asia Central e o Sueste Asiático. Dende 2015, instalouse en Bangkok e traballa como correspondente freelance para El Mundo, Periodismo Humano e Cuarto Poder.
Vida persoal Estivo casada co reporteiro de guerra Julio Fuentes, asasinado na invasión de Afganistán de 2001. A súa parella na actualidade (2018) é Javier Espinosa, xornalista que tamén estivo secuestrado en Siria durante máis de seis meses.
Recoñecementos
2005, Premios Dario D'Angelo 2011, Premio José María Porquet de Xornalismo Dixital 2015, Premio José Couso de Liberdade de Prensa 2016, Premio Julio Anguita Parrado 2017, Premio Cirilo Rodríguez de 2017, onde xa fora finalista en 2011.
Obra La semilla del odio. De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS xunto con Javier Espinosa.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Xornalistas de Estremadura Categoría:Nados en 1974