Alliance Niyigena, nada na Ruanda en 1992, é unha enxeñeira norueguesa, ten o dobre grao de enxeñaría eléctrica e enxeñaría mecánica, investigadora no campo da enerxía e a mobilidade, en novas fontes de enerxía para conseguir unha transición enerxética dos combustibles fósiles a fontes de enerxía sustentables.
Traxectoria Alliance Niyigena é filla dunha profesora e dun médico que debido á guerra (Xenocidio de Ruanda) tiveron que abandonar o país. Camiñaron durante oito meses e percorreron 8000 Quilómetros desde Ruanda, a través da República Democrática do Congo, até a República Centroafricana, para escapar dun xenocidio e tratar de conseguir un futuro mellor. A familia foi recollida pola Cruz Vermella, a súa nai estaba embarazada e ela tiña un ano e medio, quen os considerou unha familia vulnerable e ofreceulles a posibilidade de solicitar asilo político en Noruega.
Aos 15 anos gaña unha bolsa estatal norueguesa para estudar o Ensino secundario en Francia, finalizado este ciclo académico trasladouse á Universidade de Edimburgo para cursar os estudos de enxeñaría, onde obtivo o dobre grao de enxeñaría eléctrica e enxeñaría mecánica.
Considerase inmigrante, viviu entre dúas culturas, a norueguesa e na ruandesa; valora a diversidade de culturas e persoas coas que coincidiu que lle permitiron explorar as diferenzas culturais que lle permitiron crecer en experiencias e en sabedoría.
Carreira O percorrido profesional como investigadora levou a Alliance Niyigena a traballar e estudar en diferentes proxectos e en diferentes países, no campo relacionado con enerxía e mobilidade.
En Edimburgo, foi Presidenta da Sociedade de Enxeñaría Civil (2016/17).
Pertence desde 2018 ao Barcelona Hub, que está formado por 30 membros que constitúen un equipo multidisciplinar de científicos, emprendedores, artistas, avogados e psicólogos.
Foi unha do cincuenta gañadoras dunha bolsa Saltire Scholar (2018), estas bolsas permiten un ano de estudos superiores en calquera das universidades dos países: os Estados Unidos, o Canadá, a India, a China, Paquistán e o Xapón; os académicos elixidos Saltieres están considerados como embaixadores de Escocia.
En 2020 gana a bolsa Schwarzman (financiada na Universidade de Tsinghua en Beijing), sendo a primeira alumna de enxeñaría da Universidade de Edimburgo en conseguilo.
Xefa do equipo Hyperloop de Elon Musk da Universidade de Edimburgo (2019/20), coñecido como HYPED é un proxecto de transporte para persoas e mercadorías que consiste en desenvolver uns tubos de aceiro ao baleiro en cápsulas que levitan magnéticamente.
Desde 2020 é investigadora no Centro de Microelectrónica de Barcelona, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dedicado ao desenvolvemento de novas micro e nanotecnoloxías, compoñentes e sistemas, onde desenvolve unha pila para dispositivos que se carga con fluídos corporais, como sangue ou suor. “Se queremos seguir vivindo como até agora, temos que atopar formas de xerar enerxía máis sustentables e eficientes. Imos necesitar cada día máis e máis enerxía, e sería enormemente útil se chegamos a xerar parte desta enerxía no corpo humano, particularmente para alimentar pequenos dispositivos eléctricos” “Sería ideal porque temos moita enerxía e estámonos movendo todo o día”. En 2021 Alliance Niyigena foi distinguida cunha portada de Telos, a revista de tecnoloxía da Fundación Telefónica.
Alliance Niyigena tivo entre os seus propósitos facilitar cos seus coñecementos soluciones de enerxía sustentable, desenvolvemento de infraestruturas e educación aos países emerxentes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista a a Alliance Niyigena
Categoría:Enxeñeiros de Ruanda Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Enxeñeiros de Noruega