Franz Eberhard August Krüger,Hardy Kruger at WDR 1 nado en Wedding, Berlín o 12 de abril de 1928 e finado en Palm Springs o 19 de xaneiro de 2022,German actor Hardy Krüger dies aged 93 foi un actor e escritor alemán, que apareceu en máis de sesenta filmes dende 1944. Tras converterse nunha estrela en Alemaña na década de 1950,Hardy Krüger at Allmovie Krüger tivo cada vez máis papeis en filmes internacionais como Hatari!, O voo do Fénix ou Barry Lyndon.

Traxectoria Hardy Krüger naceu en Wedding, Berlín, en 1928. Os pais de Krüger eran nazis ferventes e afirmou nunha entrevista de 2016 que fora "criado para amar a Hitler".Entrevista con Hardy Krüger (2016) A partir de 1941 foi a unha escola Adolf Hitler de elite en Ordensburg Sonthofen. Aos quinte anos, Hardy debutou no cinema no filme alemán Junge Adler de Alfred Weidenmann, mais a súa carreira como actor interrompeuse cando foi recrutado pola Wehrmacht alemá en 1944 con dezaseis anos.

En marzo de 1945, Krüger foi recrutado na 38.ª División SS Nibelungen coa que foi lanzado a fortes combates. Krüger, de 16 anos, recibiu a orde de matar un grupo de soldados estadounidenses. Cando se negou, foi condenado a morte por covardía, mais outro oficial das SS detivo a orde.html Hardy Kruger en Goretro Krüger describiu esta experiencia como a súa ruptura co nazismo. Despois serviu de mensaxeiro para as SS, pero máis tarde escapou e escondeuse no Tirol ata o final da guerra. Foi membro da Fundación Amadeu Antonio e falou con frecuencia contra o extremismo e a favor da democracia, citando tamén as súas propias experiencias.Hardy Kruger na páxina da Fundación Amadeu Antonio miniatura|Hardy Krüger durante unha charla en 2009 Krüger continuou a súa carreira como actor despois da segunda guerra mundial con pequenos papeis no teatro porque non podía permitirse unha escola de interpretación. Afirmouse como unha estrela de cine alemá durante os anos cincuenta. Apareceu na versión alemá de Die Jungfrau auf dem Dach (1953), dirixida por Otto Preminger. Krüger buscou papeis internacionais porque atopaba o Heimatfilm dos anos 50 pouco profundo. Primeiro chamou a atención do público en inglés no filme británico de guerra de 1957 The One That Got Away, a historia de Franz von Werra, o único alemán prisioneiro de guerra que escapou con éxito da custodia dos aliados e regresou a Alemaña.

En 1960, Krüger comprou unha granxa en Ngorongoro, entón en Tanganica, que mantivo durante 13 anos. Ngorongoro e a súa contorna serviron de escenario para o filme de 1962 Hatari!, de Howard Hawks, en que Krüger apareceu con John Wayne.Artigo en Hatari Lodge

Fala con fluidez alemán, inglés e francés, e traballou en numerosos filmes europeos e estadounidenses, incluídos o gañador do Óscar Les Dimanches de Ville d'Avray (1962) e a versión de 1965 de O voo do Fénix (1965). Debido ao seu aspecto teutónico estereotipado (cabelos louros e ollos azuis), Krüger adoitou realizar papeis retratando soldados alemáns. Hardy Kruger en Allmovie miniatura|Krüger e a súa esposa Anita en 2013 Krüger retirouse da interpretación a finais dos anos oitenta e dedicouse a escribir. Publicou 16 libros desde 1970, dos cales catro foron traducidos ao inglés. Tamén dirixiu algúns documentais para a televisión, Hardy Kruger en Allmovie amosando as súas viaxes polo mundo.

Vida persoal Krüger tivo o seu primeiro fillo Christiane Krüger (nado en 1945) coa súa futura esposa Renate Densow (1918-2006) cando só tiña 17 anos. Krüger e Densow estiveron casados entre 1950 e 1964. O seu segundo matrimonio foi coa pintora italiana Francesca Marazzi entre 1964 e 1977. Deste matrimonio tivo os fillos Malaika Krüger (nada en 1967) e Hardy Krüger Jr. (nado en 1968). Krüger casou coa súa terceira esposa Anita Park en 1978, coa que viviu entre California e Hamburgo.Entrevista con Hardy Krüger (2016) Nos anos 60 e 70, Krüger viviu no rancho "Hatari Lodge" (onde se rodou o filme Hatari!) ao pé do monte Kilimanjaro.

Filmografía

Junge Adler (1944) Solange Du da bist (1953) Die Jungfrau auf dem Dach (1954) The One That Got Away (1957) Bachelor of Hearts (1958) The Rest Is Silence (1959) Blind Date (1959) Taxi to Tobruk (1960) Les Dimanches de Ville d'Avray (1962) Hatari! (1962) Three Fables of Love (1962) Le Gros coup (1964) O voo do Fénix (1965) Le Chant du monde (1965) The Uninhibited (1965) The Defector (1966) La Grande sauterelle (1967) Le franciscain de Bourges (1968) The Secret of Santa Vittoria (1969) The Battle of Neretva (1969) La Monaca di Monza (1969) Das Messer (1971) The Red Tent (1971) Diabólica Malicia (1972) Le Solitaire (1973) Tod eines Fremden (1973) Barry Lyndon (1975) Paper Tiger (1975) Potato Fritz (1976) Unha ponte lonxana (1977) À chacun son enfer (1977) Blue Fin (1978) The Wild Geese (1978) Feine Gesellschaft – beschränkte Haftung (1981) Wrong Is Right (1982) Slagskämpen (1984) War and Remembrance (1988) ''Familiengeheimnisse – Liebe, Schuld und Tod (2011)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biography of Hardy Krüger

Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Actores de cinema de Alemaña Categoría:Actores de teatro de Alemaña Categoría:Actores de televisión de Alemaña Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá