Emiliano Balás Silva, nado en Ferrol o 25 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 1934, foi un médico, pintor e escritor polígrafo galego, en lingua castelá (ensaio e poesía) e lingua galega (poesía e teatro), considerado como un epígono do Rexurdimento.
Traxectoria De orixe francesa por vía paterna, gozando dunha boa posición económica, licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois estudou na Academia de Belas Artes de Sevilla. Participou en 1892 e 1908 na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid, en 1896 na Exposición Rexional de Lugo, en 1912 na Exposición de Pintura Regional Gallega do Centro Galego de Madrid e en 1917 na Exposición Regional da Coruña. En 1894 foi designado correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (Madrid). miniatura|Cadro de Emiliano Balás.Almanaque Gallego vol. II: 1903-1907 Consello da Cultura Galega. Foi membro do Ateneo Ferrolán, do que foi presidente en dúas ocasións. Foi membro e presidente en 1913 da agrupación local do Partido Liberal. Participou na Cova Céltica, o faladoiro da librería de Uxío Carré Aldao na Coruña., Francisco (1917). Víctor Said Armesto (Traballo leído na noite do 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe consagrado pol-a “Irmandade da Fala” na Cruña para honral-a memoria de tan ilustre escritor.). Imprenta Obreira, A Cruña.
Xa avanzado o século XX abandonou a pintura, na que se iniciara da man de José Arpa Perea, para dedicarse ao mundo literario e xornalístico. Colaborou en varias publicacións como Galicia Diplomática, Revista Gallega, Ilustración Gallega, El Faro de Ferrol (foi un dos seus fundadores), El Correo Gallego, Estudios Gallegos, Cultura Campesina, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, Labor Gallega, Galicia, Vida Gallega, Galicia Solidaria e A Nosa Terra.Artigos de Balás Silva, Emiliano na Hemeroteca Virtual da RAG.
Foi impulsor e membro das Irmandades da Fala, fundador, directivo e socio de honra do Coro Toxos e Froles, concelleiro de Ferrol en tempos do alcalde Antonio Usero Torrente e correspondente da Real Academia Galega.Membros Correspondentes Real Academia Galega.
Obra Ensaio
"Noticias biobibliográficas del polígrafo ferrolano D. José Alonso López", 1905, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905, El Correo Gallego, pp. 33-114. "Frecuencia de la tuberculosis en la raza bovina gallega", 1905, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905, El Correo Gallego, pp. 269-284.Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905 en Internet Archive. "Del pauperismo y la beneficencia metódica", 1905, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905, El Correo Gallego, pp. 485-502.Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905 en Internet Archive. "El polígrafo ferrolano D. José Alonso y López durante la Guerra de la Independencia", 1908, Galicia, p. 9, 30/5/1908.Galicia, número único, 30/5/1908 en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Poesía Libros (en castelán): miniatura|page=3|Rudezas de un cuarentón, 1904. Rudezas de un cuarentón, 1904, El Correo Gallego.Rudezas de un cuarentón na Biblioteca Nacional de España. La Europiada: poema de la gran guerra europea, 1919, Ricardo Nores imp.La Europiada en Galiciana. La expiación: (poema): 2ª parte de "La Europiada", 1930, El Correo Gallego.La expiración en Galiciana. Poesías soltas: "A Europa", 1902. Revista Gallega n.º 371, 27/4/1902, p. 5 ."A Europa" na Hemeroteca Virtual da RAG. "Al inspirado poeta D. Eduardo Pondal", 1902. Revista Gallega n.º 377, 8/6/1902, p. 4 ."Al inspirado poeta D. Eduardo Pondal" na Hemeroteca Virtual da RAG. "Los celtas (al laureado poeta gallego D. Galo Salinas)", 1902. Revista Gallega n.º 385, 3/8/1902, p. 5 ."Los celtas (al laureado poeta gallego D. Galo Salinas)" na Hemeroteca Virtual da RAG. "A leiteirina", 1903. Almanaque Gallego para 1904, pp. 118-119. "N'a ribeira", 1904. Almanaque Gallego para 1905, p. 110. "Maripepa e Casiana", 1906. Almanaque Gallego para 1909, p. 107.Almanaque Gallego vol. III: 1908-1912 Consello da Cultura Galega. "Brua, Frouseira, brua", 1909. Almanaque Gallego para 1910, p. 128. "Porco con freno", 1911. Almanaque Gallego para 1912, pp. 140-141. "T'envexo", 1911. (1911), Literatura gallega. p. 255. "A la Torre de Hércules", 1914. Ilustración Gallega, n.º 42, 1/8/1914, pp. 10-11 ."A la Torre de Hércules" na Hemeroteca Virtual da RAG. "A Pondal", 1916. Estudios Gallegos, 1916, n.º 17, p. 118. "Na veira do Mino", 1916. A Nosa Terra, 15/12/1916, p. 6. "A mámoa", 1917. A Nosa Terra n.º 9, 6/2/1917. "Oriental", 1922. Almanaque Gallego para 1923, pp. 128-130 .Almanaque Gallego vol. VI: 1923-1927 Consello da Cultura Galega. "A Astrea", 1923. Almanaque Gallego para 1924, p. 121 . "Invernal", 1924. Almanaque Gallego para 1925, p. 127 . "Pandora", 1925. Almanaque Gallego para 1926, pp. 121-123 . "Elegía", 1926. Almanaque Gallego para 1927, pp. 54-55 . "Contos vellos d’a terriña". Almanaque Gallego para 1927, pp. 129-130.
Teatro (en galego) Monólogo, 1912, estreado por Eduardo Sánchez Miño.Publicado por El Correo Gallego o 9/2/1912 Estranxeiro na súa terra, 1915.Publicáronse cinco escenas en Buenos Aires, no Almanaque Gallego para 1915 pp. 135-143. A noite de San Xoán, 1917, estreado por Toxos e Froles no Teatro Jofre.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos A Cova Céltica Ligazóns externas Bibliografía sobre Emiliano Balás Silva en pintoresgallegos.com "Emiliano Balás Silva, significado pintor, poeta y escritor" (8/5/2013) Galicia Ártagra Digital .
, Isaac (30/10/2008). "Don Emiliano Balás Silva, poeta y dramaturgo ferrolano" Cronicas de la Emigración .
Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Médicos de Ferrol Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Críticos da arte Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Dramaturgos do século XX