miniatura|350px|O ser mitolóxico do pobo djabugay, o Damarri, transformado nunha serra, pode verse nesta imaxe deitada de costas enriba da creba do río Barron, mirando cara aos ceos, dentro da rexión de bosques tropicais húmidos do nordés australiano. Os mitos aborixes australianos (tamén coñecidos como as historias do Tempo do Soño, Songlines ou literatura oral aborixe) son as historias ritualísticas contadas polos pobos aborixes australianosMorris, C. (1994) "Oral Literature" in Horton, David (General Editor) dentro de cada un dos grupos lingüísticos aos que pertencen ao longo do continente australiano.

Todos estes mitos contan, en diversas medidas, certas verdades dentro da cultura de cada grupo aborixe particular. Estes mitos poden atoparse en todo o continente australiano, cunha importancia cultural e significado profundo, e permiten a certos grupos contar un nivel de coñecemento e sabedoría acumulada sobre os devanceiros dos aborixes australianos desde tempos inmemoriais.Morris, C. (1995) "An Approach to Ensure Continuity and Transmission of the Rainforest Peoples' Oral Tradition", in Fourmile, H; Schnierer, S.; & Smith, A. (Eds) An Identification of Problems and Potential for Future Rainforest Aboriginal Cultural Survival and Self-Determination in the Wet Tropics. Centre for Aboriginal and Torres Strait Islander Participation Research and Development. Cairns, Australia

A Encyclopaedia of Aboriginal Australia de David Horton contén un artigo sobre a mitoloxía aborixe en que indica:Berndt, C. (1994) "Mythology" in David Horton (General Editor)

Os mitos aborixes australianos caracterizáronse como "fragmentos dun catecismo, un manual litúrxico, unha historia da civilización, un texto de xeografía, e en moita menor medida, un manual de cosmografía... todo á vez".Van Gennep, A. (1906)

Antigüidade Ao rexistrar os mitos aborixes australianos nas súas linguas orixinais, o lingüista australiano R. M. W. Dixon atopou coincidencias entre algunhas das pasaxes descritas dentro dos diversos mitos e os descubrimentos científicos que estaban a ser realizados sobre estes mesmos lugares.Dixon, R. M. W. (1972) The Dyirbal Language of North Queensland. Cambridge: Cambridge University Press. p. 29 No caso da mesesta de Atherton, os mitos contan as orixes dos Eacham, Barrine e Euramo. Investigacións xeolóxicas concluíron que as explosións volcánicas formativas descritas polos contadores de mitos aborixes ocorreron máis de 10 000 anos atrás. Mostras de pole fósil do limo que se asentara ao fondo dos cráteres confirmaron a historia aborixe. Cando se formaron os cráteres, os eucaliptos eran dominantes, a diferenza das actuais xunglas húmidas do lugar.Dixon, R. M. W. (1996)

Dixon observou a partir da evidencia dispoñible que os mitos aborixes en relación á orixe dos lagos do cráter poden confirmarse ata hai 10 000 anos. Posteriores investigacións do material por parte da Australian Heritage Commission fixo que o mito dos lagos dos cráteres sexan listados nacionalmente no Rexistro Nacional, e incluídos na candidatura dos trópicos húmidos de Queensland como Patrimonio da Humanidade, por ser un "rexistro sen igual de eventos humanos que datan da era do Plistoceno".cited in PANNELL, S (2006) Reconciling Nature and Culture in a Global Context: Lessons form the World Heritage ListJcu.edu.au . James Cook University, Cairns. p. 11

Desde entón, Dixon reuniu un número similar de exemplos de mitos aborixes australianos que describen paisaxes dun pasado antigo con precisión. Observou con particularidade os numerosos mitos que falan sobre os niveis do mar en tempos pasados, entre eles:Dixon 1996 o mito de Port Phillip (rexistrado segundo llo contaron a Robert Russell en 1850), que describe a baía de Port Phillip como un lugar de terra firme nalgún momento do pasado, e o río Yarra cun curso diferente, pasando polo que nese momento era o pantano de Carrum Carrum. o mito do litoral da Gran Barreira de Coral (contado a Dixon) en Yarrabah, ao sur de Cairns, conta sobre un litoral pasado que se localizaba no extremo da actual Gran Barreira e dá nomes a lugares que actualmente están completamente mergullados empregando os nomes dos tipos de bosques e árbores que creceron alí nalgún tempo. os mitos do lago Eyre (rexistrados por J. W. Gregory en 1906), que falan sobre os desertos de Australia Central como zonas que algunha vez foron chairas fértiles e húmidas, e que os desertos nos arredores do actual lago Eyre eran un xardín sen fin. Esta historia concorda coa conclusión actual dos xeólogos de que houbo unha fase húmida ata principios do Holoceno cando o lago puidera ter auga de forma permanente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Beckett, J. (1994) "Aboriginal Histories, Aboriginal Myths: an Introduction", Oceania, Volume 65. pp. 97–115 Berndt, R. M. & Berndt, C. H. (1989) The Speaking Land. Penguin. Melbourne Cowan, James (1994) Myths of the dreaming: interpreting Aboriginal legends. Unity Press. Roseville, N. S. W. Dixon, R. M. W. (1996) "Origin legends and linguistic relationships." Oceania, Volume 67. No. 2 pp. 127–140 Elkin, A. P. (1938) Studies in Australian Totemism. Oceania, Monography No. 2. Sydney Haviland, John B., with Hart, Roger. 1998. Old Man Fog and the Last Aborigines of Barrow Point, Crawford House Publishing, Bathurst. ISBN 1-86333-169-7 Hiatt, L. (1975) Australian Aboriginal Mythology: Essays in Honour of W. E. H. Stanner, Australian Institute of Aboriginal Studies. Canberra Horton, David (1994) The Encyclopedia of Aboriginal Australia: Aboriginal and Torres Strait Islander History, Society, and Culture, Aboriginal Studies Press. Canberra. ISBN 0-85575-234-3 Isaacs, J. (1980). Australian Dreaming: 40,000 Years of Aboriginal History, Lansdowne Press, Sydney, ISBN 0-7018-1330-X Koepping, Klaus-Peter (1981) "Religion in Aboriginal Australia", Religion, Volume 11. pp. 367–391 Maddock, K. (1988). "Myth, History and a Sense of Oneself." In Beckett, J. R. (ed) Past and Present: The Construction of Aboriginality. Aboriginal Studies Press. Canberra. pp. 11–30. ISBN 0-85575-190-8 Morphy, H. (1992) Ancestral Connections.. University of Chicago Press. Chicago Mountford, C. P. (1985) The Dreamtime Book: Australian Aboriginal Myths Louis Braille Productions Pohlner, Peter. 1986. gangarru. Hopevale Mission Board, Milton, Queensland. ISBN 1-86252-311-8 Radcliffe-Brown, A. R. (1926) "The Rainbow-Serpent Myth of Australia" The Journal of the Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland. Volume 56. pp. 19–25 Roth, W. E. 1897. The Queensland Aborigines. 3 Vols. Reprint: Facsimile Edition, Hesperian Press, Victoria Park, W. A., 1984. ISBN 0-85905-054-8 Rumsey, Allen (1994) "The Dreaming, human agency and inscriptive practice". Oceania. Volume 65, Number 2. pp. 116–128 Smith, W. Ramsay (1932) Myths and Legends of the Australian Aborigines. Farrar & Rinehart, Nova York, reprinted by Dover, 2003, excerpts available on Google Books. ISBN 0-486-42709-9 Sutton, P. (1988) "Myth as History, History as Myth". In Keen, I (ed.) Being Black: Aboriginal Cultures in 'Settled' Australia. Aboriginal Studies Press. Canberra. pp. 251–68 Stanner, W. E. H. (1966) "On aboriginal religion", Oceania Monograph No. 11. Sydney Van Gennep, A (1906) Mythes et Legendes d'Australie. París Yengoyan, Aram A. (1979) "Economy, Society, and Myth in Aboriginal Australia". Annual Review of Anthropology. Volume 8. pp. 393–415

Ligazóns externas Colección de 2004 de mitos/historias aborixes, Museo Australiano Portal do goberno australiano Australian Broadcasting Commission (ABC) 'Aboriginal Relationships to Country' Ngadjon jii -Earthwatch