José Martínez Couselo, nado en Poio o 30 de novembro de 1938 e finado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 2021, foi un xornalista galego de prensa e televisión.

Traxectoria Estudou o bacharelato na Academia Minerva de Pontevedra e logo fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, pero non rematou. Na cidade de Santiago comezou a colaborar primeiro en publicacións universitarias e logo no xornal vespertino La Noche.

En televisión foi responsable dos servizos informativos de Televisión Española en Galicia en diversas ocasións, e a partir de 1986 director dos servizos informativos da Televisión de Galicia durante uns meses. Tamén foi xefe de prensa da Universidade de Santiago durante unha década.

En prensa escrita estivo vinculado fundamentalmente como articulista e opinador con El Correo Gallego, aínda que tamén traballou con outros medios, desde o xa mencionado La Noche ou Chan (da comunidade galega de Madrid) ata Faro de Vigo ou O Correo Galego. Durante unha etapa da súa vida foi director de Atlántico Diario (1987-1989) e tamén da revista Eco, así como de correspondente de La Vanguardia. Ademais, foi redactor-xefe da Axencia Galega de Noticias.

Premios Premio nacional de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.

Vida persoal Casou con Raquel Casal, arqueóloga, e tivo catro fillos, entre eles Pepe Martínez, adestrador de baloncesto e Raquel Martínez Casal, xornalista. O seu xenro foi Rafa Sisto, alcalde de Teo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela