Santolina melidensis é unha especie de arbusto perenne con flor do xénero Santolina, dentro da familia das Asteraceae, que é endémica nas bacías do río Ulla e o seu afluente o río Seco, nos límites entre os concellos de Santiso (provincia da Coruña) e Palas de Rei (provincia de Lugo). Non se coñecen outras poboacións.
Pode chegar a unha altura de 30 cm e as súas flores son amarelas case alaranxadas. Sobrevive en chans pouco fértiles, con alto contido de magnesio e elementos tóxicos. Deriva da Santolina semidentata.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1998 Categoría:Flora endémica de Galicia