Ciro Pollini, nado o 27 de xaneiro de 1782 en Alagna, Ducado de Milán, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe na provincia de Pavia, Italia), e finado o 1 de febreiro de 1833 en Verona, Reino Lombardo-véneto, Imperio austríaco, foi un médico, cirurxián, filósofo, botánico e profesor de botánica italiano.
Traxectoria Despois de onter o seu doutoramento en Medicina na Universidade de Pavia en 1802, Pollini prefiriu dedicarse aos estudos de Botánica. Trasladouse a Milán e, en 1805 foi nomeado suplente do profesor Vitma,Fulgenzio Vitman (1728-1806) foi sacerdote e botánico. Fundou en 1777 o Orto botanico di Brera (Xardín botánico de Brera). na cátedra de Botánica e Agricultura,A cátedra era do Ginnasio di Brera (Liceo ou Instituto de secundaria de Brera).A suplencia conferíase especificando que sería outorgada por mérito, pero non co dereito de ocupar a vacante cando faltase o titular. Á morte de Vitman, o 5 de marzo de 1806, Pollini continuou co seu posto temporal e presentou unha petición para obter a cátedra que, con todo, foi asignada en marzo de 1807 a Paolo Sangiorgio, licenciado en Farmacia en Pavia, que pasoo a ser profesor no Liceo e director do Xardín Botánico de Brera, mentres que Pollini foi nomeado profesor de botánica e agricultura no Liceo de Verona.
En 1808 Pollini foi un dos fundadores da Sociedade Literaria de Verona. Entre outras cousas dedicouse ao estudo da flora presente no Monte Baldo e das enfermidades das oliveiras na zona de Verona. Publicou diversos textos e está considerado como o autor da maior obra dedicada á flora do Véneto.Ciro Pollini (1782-1833) Museo de Histori natural de Verona.
Durante a súa curta carreira describiu numerosas novas especies vexetais, especialmente das failias das Asteraceae, Poaceae, Leguminosae e Orchidaceae.
Morreu en Verona o 1 de febreiro de 1833, dun ataque cardíaco, aos 51 anos.
Algunhas publicacións 1810. Elementi di botanica compilati da Ciro Pollini dottore in filosofia medicina e chirurgia ... con molte tavole in rame disegnate dall'autore volume 1. e 2. Verona: Tipografía Moroni. 1816. Viaggio al Lago di Garda e al Monte Baldo in cui si ragione delle cose naturali etc. Verona. 1822. Flora Veronensis quam in prodromum Floræ Italiæ Septentrionalis exhibet Cyrus Pollinius tomus primus, sendus et tertius. Verona: tipografía e edición da Sociedade Tipográfica. 1827. Osservazioni meteorologiche del signor Gio. Federico Mayer, atte in Verona nell'anno 1827. Per commissione dell'Accademia d'agricoltura, commercio e arti. (Con G. F. Mayer) e Osservazioni agrarie del signor Ciro dottor Pollini, fatte in Verona nell'anno 1827. 1833. Sulla nuova dottrina medica italiana o browniana riformata. Lettera al dottor Pietro Carpanelli. 1833. Catechismo agrario. 5ª ed. Revisada e ampliada do primeiro impreso da Academia de Agricultura, Comercio e Artes de Verona. Ed. Milano: Tip. di G. Silvestri, 1854. (Contén noticia necrolóxica do autor).
Honores A el está dedicado o Instituto "Ciro Pollini" de Mortara, provincia de Pavia. En 1819 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Turín. Epónimos Xénero (Poaceae) Pollinia (Spreng.)Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 10, farrago. 1815 (IK) Trin.Mém. Acad. Imp. Sci. St.-Pétersbourg, Sér. 6, Sci. Math. 2: 304. 1833 (IK)
Especies (Asteraceae) Leontodon pollinii Welw. ex Rchb. Fl. Germ. Excurs. 853 (IK) (Caryophyllaceae) Silene]] pollinii Nyman Syll. Fl. Eur. 232. 1855 (IK) (Leguminosae) Genista pollinii Spreng. ex Pollini Fl. Veron. ii. 458. 1814 (IK) (Orchidaceae) Orchis polliniana Spreng. Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 78. 1815 (IK) (Primulaceae) Primula polliniana Moretti Primul. Ital. 12. (IK) (Rosaceae) Rosa polliniana Spreng. Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 66. 1815 (IK) (Coccoidea), Pollinia pollinii, que el mesmo descubriu nas oliveiras do lago de Garda. Pollini – Ciro (Cyrus) Pollini (1782-1833) no IPNI.
Abreviaturas A abreviatura Pollini emprégase para recoñecer a Ciro Pollini como autoridade na descrición e taxonomía en botánica. A abreviatura Pollini emprégase para recoñecer a Ciro Pollini como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Científicos de Italia Categoría:Botánicos de Italia Categoría:Zoólogos de Italia Categoría:Nados na provincia de Pavia Categoría:Nados en 1782 Categoría:Finados en 1833 Categoría:Alumnos da Universidade de Pavia