Herwig Wolfram, nado o 14 de febreiro de 1934, é un historiador austríaco que é Profesor Emeritus de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares de Historia na Universidade de Viena e o anterior director do Instituto de Investigación Histórica austríaca. É un importante membro da Escola histórica de Viena, e recoñecido internacionalmente polos seus traballos sobre a historia de Austria, dos godos, e as relacións entre os pobos xermánicos e mailo Imperio romano.
Traxectoria Herwig Wolfram naceu en Viena, Austria o 14 de febreiro de 1934. Estudou historia e latín na Universidade de Viena desde 1952, obtendo un doutoramento alí en 1957. Posteriormente exerceu como asistente universitario no Instituto de Historia da Universidade de Viena (1959-1961) e no Instituto de Investigacións Históricas Austríacas (1962-1969). Wolfram gañou a súa habilitación na Facultade de Filosofía da Universidade de Viena en 1966.
Wolfram foi profesor visitante na Universidade de California, nos Ánxeles, de 1968 a 1969, e posteriormente realizou moitas visitas aos Estados Unidos. Dende 1969, Wolfram foi profesor de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Viena. De 1983 a 2002, Wolfram foi tamén director do Instituto de Investigacións Históricas austríacas. Dende entón xubilouse da Universidade de Viena como profesor emérito.
Investigacións Wolfram é unha figura destacada da Escola histórica de Viena. O seu libro History of the Goths (1979) foi traducido a varias linguas e publicado en varias edicións completamente revisadas. É considerado o traballo estándar sobre os godos, e un traballo de grande importancia para o estudo dos pobos xermánicos en xeral. Nas edicións máis recentes deste traballo, Wolfram adoptou algunhas das controvertidas teorías de Walter Goffart. Os libros de Wolfram e Peter Heather sobre os godos son considerados os estudos máis importantes sobre o tema.
Recoñecementos e premios
Membro da Academia de Ciencias de Austria Membro correspondente de Monumenta Historica Membro correspondente da Academia Medieval de América Medalla austríaca pola ciencia e a arte (2000) Premio Cardinal Innitzer (2011) Membro correspondente da Academia de Ciencias e Artes de Eslovenia (2015)
Obras Unha escolma de obras:
Geschichte der Goten: Von d. Anfängen bis zur Mitte d. 6. Jh (1979). Múnic: Beck. Die Karolingerzeit in Niederösterreich (1980). St. Pölten: Niederösterreichisches Pressehaus. Das Reich und die Germanen: Zwischen Antike und Mittelalter (1990). Berlín: Siedler. Österreichische Geschichte (1994). Viena: Ueberreuter. Grenzen, Raume, Mentalitaten (1995). Viena: Picus. Gotische Studien: Volk und Herrschaft im frühen Mittelalter. (2005). Múnic: Beck.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Obra na Biblioteca Nacional Alemá (en alemán). Ficha na Universidade de Viena (en alemán).
Categoría:Nados en Viena Categoría:Historiadores de Austria Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Nados en 1934