María Dionisia de Vives y Zires, nada na Coruña o 13 de agosto de 1823 e finada en Madrid o 30 de marzo de 1892, foi unha nobre e filántropa galega. Ostentou os títulos de duquesa de Pastrana e condesa de Cuba.

Traxectoria Filla de Francisco Dionisio Vives. Foi segunda condesa de Cuba, casou primeiro con Juan Bessières y Portas, brigadier dos Reais Exércitos. Após enviuvar, volveu contraer matrimonio con Manuel de Toledo Lesparre Salm Salm y Silva, grazas ao cal pasou a ostentar os títulos de duquesa de Pastrana, marquesa do Cenete e condesa de Villada. Finou en Madrid o 31 de marzo de 1892, no hotel Washington, e foi soterrada no cemiterio das relixiosas do Sagrado Corazón de Xesús, en Chamartín de la Rosa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1823 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1892 Categoría:Filántropos de Galicia