Expertos en crise (en ) é un filme estadounidense de 2015 dirixido por David Gordon Green e escrito por Peter Straughan. Baséase no documental homónimo de 2005 de Rachel Boynton, e é unha versión ficcionalizada da involucración dos estrategas de campaña electorais estadounidenses de Greenberg Carville Shrum (GCS) nas eleccións presidencias de Bolivia de 2002. Está protagonizado por Sandra Bullock, Scoot McNairy, Billy Bob Thornton, Anthony Mackie, Ann Dowd e Joaquim de Almeida.
A fotografía principal comezou o 29 de setembro de 2014 en Nova Orleáns, Luisiana. George Clooney e Grant Heslov foron os produtores. O filme estreouse na sección Special Presentations do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015. Estreouse nos cinemas a través de Warner Bros. o 30 de outubro de 2015. Recibiu valoracións dispares, e aínda que a interpretación de Bullock foi amplamente eloxiada, foi un fracaso de recadación.
Estreouse en galego o 31 de agosto de 2020 a través da TVG.
Personaxes Sandra Bullock como 'Calamity' Jane Bodine Scoot McNairy como Richard Buckley Billy Bob Thornton como Pat Candy Anthony Mackie como Ben Ann Dowd como Nell Joaquim de Almeida como Pedro Castillo Zoe Kazan como LeBlanc Reynaldo Pacheco como Eduardo Dominic Flores como Hugo Louis Arcella como Rivera Octavio Gómez Berríos como Pepe Luis Chavez como Abraham Tilda Del Toro como secretaria de Pedro Castillo Carmela Zumbado como xornalista (cameo)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Gordon Green Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Smoke House Pictures Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en Bolivia Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes sobre eleccións Categoría:Filmes de 2015 con versión en galego