Federico Brandariz Calvete, nado na Coruña cara a 1908 e finado na mesma cidade o 1 de xuño de 1939, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Fillo de Federico Brandariz Coira e Dolores Calvete Losada. Carpinteiro, foi vogal e despois presidente do sindicato de carpinteiros La Emancipación da Coruña afecto á CNT. En xullo de 1934 participou nunha asemblea do Ramo da Construción da Coruña polo tema dos subsidios de enfermidade e retiro obreiro. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido xunto co secretario do sindicato Manuel Fuentes Fuentes ao ter atopado a policía dúas bombas nun rexistro ao local do sindicato o 20 de setembro. Xulgados polo tribunal de urxencia o 1 de decembro, foron absoltos.La Voz de Galicia, 2-12-1934, p. 2. Era socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Finou o 1 de xuño de 1939 aos trinta anos, sen que se coñezan as causas da morte.La Voz de Galicia, 2-6-1939, p. 2, 5. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (B)

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Carpinteiros