Faíscas do Xiabre foi un cuarteto de música tradicional galega formado a comezos da década de 1970 en Catoira. Permaneceu en activo até o ano 1979 cando foi disolto para formar o grupo Milladoiro.
Traxectoria O grupo estaba composto na percusión por Moncho García Rei e Serafín Vicente Lorenzo e polos gaiteiros Xosé Vicente Ferreirós e Nando Casal.
En xullo de 1978 participaron na primeira edición do Festival de Ortigueira e a comezos de 1979 publicaron o seu primeiro e único disco, titulado In memoriam. Este traballo contou coa participación de Antón Seoane e Rodrigo Romaní, músicos aos que Nando Casal, Xosé Ferreirós e Moncho García, se uniron a continuación para formaren o grupo Milladoiro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Milladoiro
Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Grupos musicais de Galicia