Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Dobkin e escrito por Will Ferrell e Andrew Steele. Está protagonizado por Ferrell e Rachel McAdams, e conta a historia de dous cantantes islandeses, Lars Erickssong e Sigrit Ericksdóttir, cuxo maior desexo é representar o seu país no Festival de Eurovisión. Pierce Brosnan, Dan Stevens e Demi Lovato aparecen nos papeis secundarios.
Personaxes
Will Ferrell como Lars Erickssong, un home de mediana idade con aspiracións de gañar o Festival de Eurovisión. Rachel McAdams como Sigrit Ericksdóttir, compañeira de banda de Lars e a súa mellor amiga dende hai moito tempo, que desexa unha relación romántica con el. Molly Sandén, canta todas as cancións de Sigrit Ericksdóttir, acreditadas como My Marianne. Dan Stevens como Alexander Lemtov, un cantante extravagante que representa a Rusia. Melissanthi Mahut como Mita Xenakis, contendente representante de Grecia. Mikael Persbrandt como Victor Karlosson, gobernador do Banco Central de Islandia, que non quere que Islandia gañe o concurso. Ólafur Darri Ólafsson como Neils Brongus, presidente de RÚV, un servizo de radiodifusión pública nacional de Islandia. Graham Norton como el mesmo, un comentarista de Eurovisión. Demi Lovato como Katiana Lindsdóttir, gañadora do Söngvakeppni Sjónvarpsins que despois more nun accidente marítimo. Pierce Brosnan como Erick Erickssong, o pai viúvo de Lars que sempre o desaproba. Joi Johannsson como Jorn, un membro do comité islandés de Eurovisión. Björn Hlynur Haraldsson como Arnar, un policía namorado de Sigrit. Jamie Demetriou como Kevin Swain, xefe do equipo creativo de Islandia. Jon Kortajarena como Corin Vladvitch, o condutor de Eurovisión. Elina Alminas como Sasha More, a condutora de Eurovisión. Alfrun Rose como Anna, un membro do comité islandés de Eurovisión. Elin Petersdóttir como Helka, nai de Sigrit. Christopher Jeffers como Johnny John John, un rapeiro representante de Suecia. Rebecca Harrod como Brittny, unha dos turistas estadounidenses. Josh Zaré como Bill, un dos turistas estadounidenses. Bobby Lockwood como Jeff, un dos turistas estadounidenses. Eleanor Williams como Jenn, unha dos turistas estadounidenses. Jóhannes Haukur Jóhannesson como Johans, un dos policías de Húsavík. Natasia Demetriou como Nina, un membro do equipo do concurso. William Lee Adams como el mesmo, un comentarista de Eurovisión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Dobkin Categoría:Filmes rodados en Israel Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes rodados en Glasgow Categoría:Filmes rodados en Edimburgo Categoría:Filmes ambientados en Islandia Categoría:Filmes ambientados en Edimburgo Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes ambientados en 2020 Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19