A dos ápidos (Apidae) é unha familia de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, unha das numerosas comprendidas na superfamilia dos apoideos.
Constitúe un numeroso grupo de abellas que inclúe a abella común (Apis mellifera), a máis coñecida, as abellas sen aguillón, as abellas parasitas, e os abesouros, ademais doutros grupos menos coñecidos, como as abellas albanel ou osmia.Family Apidae en BugGuide.
Moitas das súas especies son valiosas polinizadoras en hábitats naturais e nos cultivos agrícolas.Michener, Charles D. (2007): The bees of the world. Baltimore, Maryland: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille.
Etimoloxía O nome científico Apidae está formado polos elementos do latín científico ap- e -ĭdea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Apis, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das familias de animais.Apidae no Merriam-Webster Dictionary.
Subfamilias A familia comprende tres subfamilias:Apidae no ITIS. Apinae, que comprende as abellas propiamente ditas, e entre elas as abellas produtoras de mel. Nomadinae, as abellas parasitas. Xylocopinae, as chamadas abellas carpinteiras.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos Himenópteros Apócritos Apoideos
Ligazóns externas Bees. Apidae na EOL.