Estaba na casa, pero... (en ) é un filme alemán de 2019 dirixido por Angela Schanelec. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. En Berlín, Schanelec gañou o Oso de Prata ó mellor director. Tamén competiu na 34ª edición do Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata, onde Schanelec foi galardoada co Ástor de Prata ó mellor director.

Estreouse subtitulado en galego o 4 de setembro de 2020 en NUMAX (Santiago de Compostela). Foi traducido por Samuel Solleiro.

Personaxes Maren Eggert como Astrid Clara Möller como Flo Jakob Lassalle como Phillip Franz Rogowski como Lars Alan Williams como Herr Meisner Devid Striesow como Gertjan Lilith Stangenberg como Claudia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Angela Schanelec Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego