Lena é un filme galego de 2001 dirixido por Gonzalo Tapia. Foi rodado orixinalmente en lingua castelá na cidade de Vigo. O seu director é o asturiano Gonzalo Tapia e a cinta está protagonizada por Marta Larralde, actriz viguesa para a cal esta película supuxo o seu debut.

Foi comercializado en DVD con son en galego.

Sinopse A película conta a historia de Lena (Marta Larralde), unha rapaza de dezaoito anos que vive no barrio portuario de Bouzas, en Vigo. Non ten unha vida nada fácil: orfa de nai, Gorrión (Manuel Manquiña), o seu pai, é un borracho eternamente en paro ou metido en trapicheos de pouca monta. Desde cativa Lena tivo que resolver os seus propios asuntos. É unha moza lista e responsable; a súa sensatez contrasta co descontrol do seu pai. Cando a mafia local lle dá unha malleira a Gorrión acusándoo de ter quedado cunha importante suma de cartos, a vida de Lena pasa a ter un único obxectivo: impedir que maten o seu pai.

Personaxes Ademais da propia Marta Larralde (Lena) e Manuel Manquiña no papel do seu pai, nesta cinta participaban outros actores galegos populares coma é o caso de Luís Tosar, Eva Fernández, Luis Zahera ou Celso Bugallo.

O elenco completo é o seguinte:

Marta Larralde (Lena) Manuel Manquiña (Gorrión) Roberto Álvarez (Milio) Vítor Norte (Cachero) Luís Tosar (Xitano) Luis Zahera (Antonio) Carlos Kaniowsky(Esteban) Iván Hermés (Manu) Antón Reixa (Fernández) Nuria Sanz (Mariola) Israel Rodríguez (Toño) Andrés Fraga (Sebe) Miguel Borines (Mecánico) Txepe Lara (Contacto) Celso Bugallo (Matón) Xosé Manuel Conde (Juan) Eva Fernández (Cindy) Irene García (Carmen) Luma Gómez (Rosa) Fely Manzano (Isabel) Luisa Martínez (Médico) Lidia Sabino (Silvia) Lois Soaxe (Camello) Avelino González (Xonqui) Josito Porto Santi Prego (Rapaz) Beatriz Campos (Rapaza) María Comesaña (Enfermeira 1) María Amil (Enfermeira 2) Xosé Vilarelle (Camioneiro 1) Eduardo Martínez Cunha (Camioneiro 2) Vicente Mohedano (Camioneiro 3) Vicente de Souza(Camioneiro 4) César Goldi (Policía 1) Adriano Prieto (Policía 2) Miro Magariños (Garda Civil 1) Jesús Cobian (Garda Civil 2)

Véxase tamén Ligazóns externas

Consello da Cultura Galega

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego