Juan José Ramón Sánchez Anido, nado en Santiago de Compostela o 16 de maio de 1872 e finado en Madrid o 17 de abril de 1948,La Noche, 27-4-1948, p. 2. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Descendente de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, dunha familia fidalga do Pazo de Santaia (Curtis) e irmán de José Sánchez Anido. Militante do Partido Liberal (facción prietista). Participou na ratificación do plan do ensanche coruñés de 1883. Foi elixido concelleiro da Coruña en novembro de 1905,El Noroeste, 14-11-1905, p. 2. e nomeado alcalde da Coruña por Real orde a finais de decembro dese ano, permanecendo no cargo até xuño de 1909. Volveu ser nomeado alcalde en novembro de 1909, cesando en xaneiro de 1910. Foi gobernador civil de Barcelona (1912-1913), Cádiz (1915-1917), novamente Barcelona (1917) e Valencia (1917-1919).
Recoñecementos
Foi nomeado fillo adoptivo da Coruña en 1910. Vida persoal Casou na Coruña con Carmen Gastón Enríquez, filla de Manuel Gastón Valdés, en xullo de 1901.El Diario de Pontevedra, 11-7-1901, p. 3.
Notas
Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Barcelona Categoría:Gobernadores civís de Cádiz Categoría:Gobernadores civís de Valencia
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1872
Categoría:Finados en 1948