Lúa Ribeira, nada en 1986, é unha fotógrafa galega membro da Axencia Magnum. Gañou o premio Jerwood / Photoworks en 2017. A súa serie Noises trata sobre a feminidade e a cultura do dancehall no Reino Unido.
Traxectoria Ribeira naceu en Galicia e vive no Reino Unido. En 2011, gradouse en deseño gráfico na academia BAU Centro Universitario de Deseño de Barcelona e en 2016 en fotografía documental na Universidade de Gales, en Newport. Viviu en Londres, Birmingham e Bristol.
A serie de fotografías Noises, que trata sobre a feminidade e a cultura xamaicana dancehall no Reino Unido, publicouse en 2017 co título Noises in the Blood, tal e como se coñecía daquela. Expuxo as súas obras en diversas cidades de Europa, como Graz, Berlín, Zagreb ou Bratislava. En 2018, participou na 3ª Bienal Internacional de Fotografía de Beijing.
Algúns dos seus traballos foron publicados nas revistas especializadas British Journal of Photography, Paper Journal, Refinery29, Another, Tate Magazine ou Raw View, e traballou para clientes como a marca Chanel, os bolsos Carla López, Birmingham Botanical Gardens ou Wire Magazine.
Uniuse á Axencia Magnum como nomeada en 2018 e, dous anos despois, converteuse en socia de facto, sendo a primeira galega e a terceira fotógrafa española en conseguilo, tras Cristina García Rodero, que se uniu en 2009 e Cristina de Middel, en 2019.
Exerceu como profesora convidada en varias universidades, como a London College of Communication, a University of the West of England e a Universidade de Gales do Sur.
Publicacións Publicacións propias Noises in the Blood. Londres: Fishbar, 2017. Edición de 500 exemplares.
Publicaciones con achegas de Ribeira Petardos: fotógrafas femeninas ahora. Londres: Thames & Hudson, Fiona Rogers e Max (2017). Houghton. ISBN 978-0500544747.
Premios e recoñecementos 2015: Bolsa de fotografía Firecracker. 2017: Premio Magnum para fotógrafos graduados, Magnum Photos. 2018: Gañadora, xunot Sam Laughlin e Alejandra Carles Tolra, dos premios Jerwood/Photoworks.
Exposicións
Exposición individuais
Noises in the Blood, Kickplate Gallery, Abertillery, Gales, 2016; Fotoraum Gallery, Art Cologne, Alemaña, 2016; Fishbar Gallery, Londres, maio de 2017; Grain Photography Hub, Argentea Gallery, Birmingham, marzo-maio de 2018; Noises, Ffotogallery, Cardiff, Gales, xaneiro-febreiro de 2019.
Exposicións colectivas
Gañadores do premio Jerwood/Photoworks, Jerwood Space, Londres, xaneiro-marzo de 2018; Impressions Gallery, Bradford, abril-xuño de 2018. Subida al Cielo, de Ribeira; Where We Belong, de Alejandra Carles-Tolra e A Certain Movement de Sam Laughlin.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Lúa Ribeira
Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en 1986 Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Personalidades sen imaxes