Soiuz MS-02 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 19 de outubro de 2016 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-02, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Rizhikov, Robert Kimbrough e Andrei Borisenko, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A tripulación adicouse a facer experimentos de bioloxía, biotecnoloxía, física e ciencias da Terra. A nave regresou o 10 de abril de 2017 ás 11:20 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz