Fuga de cerebros é un filme español de 2009 dirixido por Fernando González Molina e protagonizado por Mario Casas e Amaia Salamanca. Producido por Antena 3 Films xunto con Cangrejo Films e estreado o 24 de abril, o filme rodouse entre Madrid e Xixón. Foi o filme máis visto de España durante ese ano, o cal motivou unha secuela, Fuga de cerebros 2 (2011). En 2013, fíxose unha versión italiana do filme, co título Fuga di Cervelli, dirixida por Paolo Ruffini.

Sinopse O tímido e zoupón Emilio (Mario Casas) está namorado de Natalia (Amaia Salamanca) dende que os dous eran cativos. Xusto no intre no que ten pensado declararlle o seu amor, ela anúncialle que lle concederon unha bolsa para estudar en Oxford. Aflixido, o rapaz é convencido polos seus amigos para matricularse na mesma universidade, falsificando bolsas e diplomas, co fin de conquistala. Desta maneira, os seus amigos Corneto (Pablo Penedo), o cego Chuli (Alberto Amarilla), o xitano Cabra (Canco Rodríguez) e o paralítico heavy Ruedas (Gorka Lasaosa) decidan acompañalo.

Personaxes

Mario Casas como Emilio Carbajosa Benito Amaia Salamanca como Natalia Alberto Amarilla como José Manuel "Chuli" Sánchez Expósito Gorka Lasaosa como Rafael "Ruedas" Garrido Calvo Pablo Penedo como Felipe "Corneto" Roldán Salas Canco Rodríguez como Raimundo "Cabra" Vargas Montoya Blanca Suárez como "Angelical voice"/Speaker Sarah Mühlhause como Claudia Simon Cohen como Edward Chamberlain Carlos Santos como Potro Reg Wilson como Profesor Asunción Balaguer como avoa de Emilio Joan Dalmau como avó de Emilio Álex Angulo como Cecilio Garrido Loles León como Rita Calvo David Fernández Ortiz como Loren Sánchez José Luis Gil como Manuel Roldán Mariano Peña como Julián Roldán Fernando Guillén como avó de Natalia Antonio Resines como pai de Natalia Óscar Casas como Emilio Carbajosa Benito (con 11 anos) Oliver Vigil como Emilio Carbajosa Benito (con 8 anos) Andrea Díaz como Natalia de nena

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Fernando González Molina Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra