(), coñecido polo pseudónimo El Lissitzky (, ), foi un artista, deseñador, fotógrafo, tipógrafo e arquitecto ruso. Foi unha figura relevante durante a vangarda rusa, contribuíndo á formación do suprematismo xunto ao seu mentor, Kazimir Malevich, e autor de diversas mostras de arte e traballos de propaganda para a entón Unión Soviética. A súa obra exerceu grande influencia na Bauhaus e nos movementos construtivistas, tendo sido pioneiro en técnicas de produción e solucións estéticas que virían a dominar o design gráfico ao longo do século XX.
Toda a carreira de El Lissitzky está intimamente ligada á crenza de que o artista podería ser un axente do cambio, resumido máis tarde no seu edicto, "das zielbewußte Schaffen": creación orientada ao obxectivo. Glazova Lissitzky, de fe xudía, comezou a súa carreira con ilustracións de libros infantís en lingua yiddish como un xeito de promover a cultura xudía en Rusia, un país en profundo cambio e que derrogara recentemente as leis antisemitas. Comezou a ensinar aos 15 anos, actividade que continuou ao longo da súa vida. Durante varias décadas, deu clases en diversos cargos nas máis variadas escolas e círculos artísticos, divulgando e profundando conceptos. Este sentido do deber estivo presente cando traballou con Malevich na dirección do grupo artístico suprematista UNOVIS, onde desenvolveu a súa propia variante suprematista, Proun, e máis tarde, cando en 1921 asumiu o posto de embaixador cultural de Rusia na República de Weimar, en Alemaña, influíndo en figuras relevantes da Bauhaus e do movemento De Stijl durante a súa estadía.
O seu traballo influíu e deu lugar a importantes innovacións na tipografía, a fotomontaxe, o deseño de exposicións e a ilustración literaria, sendo o autor de obras de renome internacional que son veneradas por críticos especializados. Permaneceu produtivo até o seu leito de morte, onde produciría, en 1941, un dos seus últimos traballos: un cartel de propaganda soviética de mobilización para a construción de tanques de guerra para loitar contra a Alemaña nazi.
Traxectoria
Xuventude miniatura|Autorretrato O Construtor, 1925. Victoria and Albert Museum. El Lissitzky naceu o 23 de novembro de 1890 en Pochinok, unha pequena comunidade xudía a 50 km ao sueste de Smolensk, no antigo Imperio Ruso. Durante a súa infancia viviu e estudou na cidade de Viciebsk, agora parte de Belarús. Máis tarde viviu 10 anos en Smolensk cos seus avós, onde asistiu á Smolensk Grammar School, pasando as súas vacacións de verán en Vitebsk. Shatskikh, 57 Sempre mostrando interese e talento para debuxar, comezou a recibir formación aos 13 anos de mans de Yehuda Pen, un artista xudeu local. Á volta dos 15 anos, o propio Lissitzy comezou a impartir clases de debuxo. En 1909 solicitou entrar nunha academia artística en San Petersburgo, sendo rexeitado. Aínda que aprobou o exame de ingreso, a lei baixo o réxime tsarista só permitía o ingreso dun pequeno número de estudantes xudeus en escolas e universidades rusas.
Como moitos xudeus do Imperio ruso, El Lissitzky foi estudar a Alemaña, onde emigrou en 1909, entrando no curso de enxeñaría civil na Universidade Técnica de Darmstadt. Curl Durante o verán de 1912, El Lissitzky, segundo as súas propias palabras, "viaxou por Europa", pasando tempo en París e camiñando 1200 km en Italia, observando obras de arte e esbozando detalles arquitectónicos e paisaxísticos. Lissitzky-Kuppers O seu interese pola antiga cultura xudía orixinouse nos contactos co grupo de xudeus rusos en París, dirixido polo escultor Ossip Zadkine, amigo da infancia de Lissitzky, que o iniciou nos conflitos entre os distintos grupos artísticos da diáspora.Schatskikh, p.58 No mesmo ano de 1912, algunhas das súas obras serían expostas por primeira vez, incluídas nunha exposición organizada pola Unión de Artistas de San Petersburgo. Permaneceu en Alemaña até o estalido da primeira guerra mundial, sendo obrigado a regresar a casa por Suíza e os Balcáns, Spencer, Poynor, 2004:69 xunto con moitos dos seus compatriotas, incluíndo outros artistas expatriados nacidos no Imperio ruso como Wassily Kandinsky e Marc Chagall . miniatura| Yingl tsingl khvat, 1919. A ilustración de libros infantís foi a primeira incursión de Lissitzky no deseño gráfico. Despois de regresar a Moscova, Lissitzky traballou nas oficinas de arquitectura de Boris Velikovsky e Roman Klein, Spencer, Poynor, 2004:69 mentres asistía ao Instituto Politécnico de Riga, trasladado á capital durante a guerra. O 3 de xuño de 1918 obtivo o diploma de enxeñeiro-arquitecto e inmediatamente comezou a traballar como axudante en varios despachos. Durante esta fase, demostrou un interese activo e apaixonado pola cultura xudaica, que asistía a un certo renacemento despois da caída do réxime tsarista, que tiña sido abertamente antisemita. O novo goberno provisional revogou o decreto que prohibía a impresión do alfabeto hebreo e prohibía o acceso dos xudeus á cidadanía. El Lissitsky dedicouse á arte xudía, colaborando na exposición de artistas locais, viaxando a Mahilyow para estudar a arquitectura e ornamentación tradicional de antigas sinagogas e ilustrando numerosos libros infantís en yiddish. Estes libros foron a súa primeira incursión no deseño gráfico, un campo onde implementaría importantes innovacións ao longo da súa carreira.
As súas primeiras ilustracións foran publicadas no libro Sihas hulin: Eyne fun di geshikhten (Unha conversa cotiá) de 1917, onde imprimiu unha estética art noveau ao alfabeto hebreo. No seguinte libro, unha adaptación visual da música tradicional dopessach xudaico, Had gadya (Unha cabra), El Lissitzky exhibiu un esquema gráfico ao que recorreu frecuentemente ao lonfo da súa obra. Integrou as letras nas imaxes a través dun sistema que facía coincidir as cores dos personaxes da historia coa palabra que os refería. Na grafismo da páxina final, El Lissitzky representou a temerosa "man de Deus" matando ao anxo da morte, que empregaba a coroa do tsar. Esta representación ligaba a redención dos xudeus á vitoria dos bolxeviques na revolución rusa. Perloff 2005As representacións visuais da man de Deus serían recorrentes en numerosas obras ao longo da súa carreira, especialmente no seu autorretrato O Construtor, unha fotomontaxe de 1924, co motivo resaltado.
Vangarda
Suprematismo miniatura|Profesores na escola de arte de Vitebsk, entre eles El Lissitzky (1.º a contar da esquerda), Marc Chagall (3.º) e Yehuda Pen (5.º). miniatura| Unhas dúas prazas, ilustración da fase suprematista, 1922. En maio de 1919, tras unha invitación de Marc Chagall, El Lissitzky regresou a Vitebsk para ensinar artes gráficas, tipografía e arquitectura na recentemente creada Escola de Artes Populares, creada por Chagall despois do seu nomeamento en 1918 como comisario de asuntos artísticos en Vitebsk. Shatskikh, 57 Lissitsky participou no deseño e impresión de carteis publicitarios. Máis tarde, preferiu gardar silencio sobre este período, moi probablemente porque un dos temas abordados nos carteis foi o exilio Trotsky.Shatskikh, 62 O número destes carteis é considerable para ser visto como un xénero separado no conxunto de obras do artista.Shatskikh, 63
Chagall tamén invitou a outros artistas rusos, especialmente ao pintor e teórico Kazimir Malevich, e ao ex profesor de El Lissitzky Yehuda Pen. Non obstante, só en 1919 Lissitzky, daquela de visita a Moscova, persuadiu a Malevich de que se mudase a Vitebsk.Shatskikh, 66 A súa chegada coincidiu coa apertura da primeira exposición de arte, dirixida por Chagall.Shatskikh, 70 Malevich trouxo consigo unha panoplia de novas ideas, moitas das cales serían unha fonte de inspiración para Lissitsky, pero que se enfrontarían con profesionais, un público local e o propio Chagall a favor da arte figurativa.Shatskikh, 71 Despois de varias fases baixo a estética impresionista, primitivista e cubista, Malevich comezou a desenvolver e defender as súas ideas sobre o suprematismo . En aumento desde 1915, o suprematismo rexeitou a imitación de formas naturais e centrouse en crear formas xeométricas puras. Substituíu o actual programa de ensino por un programa propio e difundiu os seus conceptos teóricos e técnicos por toda a institución. Chagall defendía ideais máis clásicas e Lissitzky, aínda leal a Chagall, dividiuse entre dous camiños artísticos. Ao final, acabaría favorecendo o suprematismo de Malevich, afastándose da arte xudía tradicional. Chagall abandonaría a escola pouco despois.
Nese momento, El Lissitzky xa se tiña comprometido plenamente co suprematismo e, baixo a guía de Malevich, axudara no desenvolvemento do movemento. Lissitzky traballou na imaxe gráfica do libro de Malevich Sobre o novo sistema da arte.Shatskikh, 78-79 Quizais a obra máis coñecida de Lissitzky neste período sexa o cartel de propaganda Vence aos brancos coa cuña vermella. Rusia atravesaba unha guerra civil entre os vermellos (comunistas e revolucionarios) e os brancos (monárquicos, conservadores e liberais que se opuñan á Revolución bolxevique). A imaxe da cuña vermella que cortaba a forma branca, bastante minimalista, comunicaba unha poderosa mensaxe que non deixaba dúbidas sobre a súa intención no ollo do espectador. A obra adoita verse como unha alusión a formas similares usadas nos mapas militares e, xunto co seu simbolismo político, foi un dos primeiros pasos importantes de Lissitzky desde o suprematismo non-obxectivo de Malevich cara ao seu propio estilo. Segundo as súas propias palabras: "O artista constrúe novos símbolos co seu pincel. Este símbolo non é unha forma recoñecible de nada que xa está completo, xa está feito ou xa existe no mundo; é un símbolo dun novo mundo, sobre o que o pobo está construíndo e existindo." Tupitsyn, 9
O 17 de xaneiro de 1920, Shatskikh, 92 Malevich e El Lissitzky cofundaron o efémero grupo Molposnovis, unha asociación proto-suprematista de estudantes, profesores e outros artistas. Despois dunha breve e problemática disputa entre a "nova" e a "vella" xeración e dous renomeamentos, o grupo reaparecería como UNOVIS (Exponentes da nova arte) en febreiro. Shatskikh, 93Malgrave, 239 Baixo o liderado de Malevich, o grupo traballou nun "ballet suprematista", coreografado por Nina Kogan, e nun remake dunha ópera futurista "Victory Over the Sun " de 1913 de Mikhail Matyushin e Aleksei Kruchenykh. A ópera foi produzida sem composição musical original - Shatskikh, 98. El Lissitzky e todo o grupo optaron por compartir a autoría e a responsabilidade das obras producidas dentro do grupo, asinando a maioría dos lenzos cun cadrado negro. Isto rendería en parte unha homenaxe a unha obra similar do mentor do grupo Malevich e ao simbolismo da adhesión aos ideais comunistas. De feito, esta marca converteríase no selo do grupo, que substituiría as iniciais ou nomes individuais. Os cadrados negros que levaban as extremidades nos botóns de mangas e xoias tamén lembraban o ritual do tefillin e, polo tanto, non eran símbolos estraños no shtetl de Vitebsk.Shatskikh, 111 O grupo, que rompería en 1922, sería fundamental na difusión da teoría suprematista na Rusia deses días e no estranxeiro, e aumentou o status de Lissitzky como unha das figuras máis importantes da vangarda rusa. Por accidente, unha das primeiras aparicións do pseudónimo El Lissitzky (en ) vese na obra Miscellaneous UNOVIS lanzada en dous exemplares en marzo-abril de 1920, que contiña o seu manifesto sobre a arte gráfica nos libros.Shatskikh, 125
Proun miniatura| Proun, c. 1925. Sobre os "Prouns", Lissitzky comentou en 1921 que "Transformamos o lenzo en círculos e ao facelo volvémonos ao espazo". Perloff 2005