Quo Vadis é un filme estadounidense de 1951 dirixido por Mervyn LeRoy e producido por Sam Zimbalist. É un drama histórico e épico de Metro-Goldwyn-Mayer (MGM) en Technicolor. O guión é obra de John Lee Mahin, S.N. Behrman e Sonya Levien, adaptado da novela Quo Vadis (1896) do premio Nobel polaco Henryk Sienkiewicz. A banda sonora é obra de Miklós Rózsa e a fotografía de Robert Surtees e William V. Skall. O título é unha referecia a un incidente recollido nos apócrifos Feitos de Pedro.A palabras "quo vadis" aparecen como unha pregunta cinco veces na biblia en latín – en Xénese 16:8, Xénese 32:17, Xuíces 19:17, Xoán 13:36 e Xoán 16:5.
O filme está protagonizado por Robert Taylor, Deborah Kerr, Leo Genn e Peter Ustinov, xunto con Patricia Laffan, Finlay Currie, Abraham Sofaer, Marina Berti, Buddy Baer e Felix Aylmer. Anthony Mann traballou no filme durante catro semanas director de segunda unidade sen acreditar. Sergio Leone foi o director asistente sen acreditar dos extras italianos. As futuras estrelas italianas Sophia Loren e Bud Spencer aparecen como extras sen acreditar. O filme foi noemado a oito Premios Óscar (aínda que non gañou ningún), e foi un éxito de recadación tan grande que se lle atribuíu o mérito de rescatar a MGM da bancarrota.
Personaxes
Robert Taylor como Marco Vinicio Deborah Kerr como Lygia Leo Genn como Petronio Peter Ustinov como Nerón Patricia Laffan como Popea Sabina Finlay Currie como San Pedro Abraham Sofaer como Paulo Marina Berti como Eunice Buddy Baer como Ursus Felix Aylmer como Aulo Plaucio Nora Swinburne como Pomponia Ralph Truman como Tigellinus Norman Wooland como Nerva Peter Miles como Nazarius Geoffrey Dunn como Terpnos Nicholas Hannen como Séneca D. A. Clarke-Smith como Phaon Rosalie Crutchley como Acte John Ruddock como Chilo Arthur Walge como Croton Elspeth March como Miriam Strelsa Brown como Rufia Alfredo Varelli como Lucano Roberto Ottaviano como Flavius William Tubbs como Anaxander Pietro Tordi como Galba
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1951 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mervyn LeRoy Categoría:Filmes ambientados no Imperio Romano Categoría:Filmes ambientados no século I Categoría:Filmes ambientados en Roma Categoría:Filmes ambientados na Roma antiga Categoría:Filmes sobre cristianismo Categoría:Filmes de 1951 con versión en galego