O Museo Casa de la Moneda (galego: "Museo Casa da Moeda) é unha colección e exposición permanente de numismática da Real Casa de la Moneda - FNMT, en Madrid. O museo contén a maior colección numismática de España e unha das máis completas de Europa.
Está situado no edificio da FNMT, na rúa Doctor Esquerdo, en Madrid, e o seu director é Rafael Feria y Pérez desde 1988."Información al visitante". Museocasadelamoneda.esMartínez Gallego, J. M. "Rafael Feria, director del Museo Casa de la Moneda: “Es el museo monetario más grande del mundo entre los dependientes de una casa de moneda o banco central” ". Crónica Numismática.
En 1995, o Museo Casa de la Moneda recibiu o premio Excelente ao Mérito Numismático, outorgado pola Asociación Numismática Española."Relación de concesiones medalla premio "Excelente al Mérito Numismático". Asociación Numismática Española (Numisane.org).
Historia As orixes do museo remóntanse ao século XVIII e están estreitamente vinculadas á figura de Tomás Francisco Prieto, gravador xeral das casas de moeda do rei Carlos III. Prieto foi director de gravado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e fundador, en 1771, dunha escola de gravado na que se formaban os artistas que posteriormente traballarían nas reais casas de moeda de España e das súas colonias."Historia del Museo". Museocasadelamoneda.es miniatura|A sede do Museo Casa de la Moneda, no nº 36 da rúa Doctor Esquerdo. O núcleo inicial do museo foi unha colección de debuxos, gravados, libros antigos, moedas e medallas feitas por Prieto para axudar no ensino ao seu alumnado. Este xermolo da colección foi adquirido por Carlos III, quen o ampliou con novas compras e doazóns.
En 1867, durante o reinado de Isabel II, espúxose por vez primeira ao público a colección orixinal do Museo da Casa da Moeda, no antigo edificio de ceca madrileña na praza de Colón. A exposición acadou a condición de permanente e mantívose alí ata 1964, cando se trasladou á localización actual na rúa Doctor Esquerdo.
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre foi fundada en 1893 logo da fusión de dúas entidades: a Casa da Moeda e a Fábrica de Selos. Desde 1861, ambas as institucións compartiran o mesmo edificio na praza de Colón, malia seren independentes e teren administracións separadas."Información Institucional: Mirada histórica". Fnmt.es
Colección e exposicións miniatura|Prensa monetaria exposta no Museo Casa de la Moneda (copia dun orixinal do século XVI). A colección numismática do Museo Casa de la Moneda parte desde as orixes da moeda, pasando polas cuñaxes da antiga Grecia, da antiga Roma e da antiga Iberia, da Idade Media, dos Reis Católicos, da Casa de Austria e da Casa de Borbón. Inclúense tamén dúas dalas con moedas desde o século XIX ata o século XXI."Exposición permanente". Museocasadelamoneda.es"Museo". Museocasadelamoneda.es
Así mesmo, o museo dispón de salas dedicadas á medalla, ás artes gráficas, ao papel selado, á lotaría e á filatelia, e algúns exemplos de maquinaria de cuñaxe e de verificación da autenticidade de billetes.
En paralelo á exposición permanente, o museo ofrece tamén exposicións temáticas de carácter temporal."Exposiciones temporales". Museocasadelamoneda.es
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de museos numismáticos Fábrica Nacional de Moneda y Timbre Premio Tomás Francisco Prieto
Ligazóns externas Sitio web do Museo Casa de la Moneda O Museo Casa de la Moneda en Facebook O Museo Casa de la Moneda en Youtube Sitio web da Real Casa de la Moneda - FNMT
Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Madrid Categoría:Galardoados co premio Excelente ao Mérito Numismático