Summum bonum ('sumo ben' ou 'ben maior, en latín) é unha expresión latina, introducida por Cicerón,Dinneen, M.F. (1909). "The Highest Good". In Herbermann, Charles. Catholic Encyclopedia. 6. Nova York: Robert Appleton. usada na filosofía — particularmente, en Aristóteles, na filosofía medieval e na filosofía de Immanuel Kant — para describir o ben maior que o ser humano debe buscar.

De modo xeral, summum bonum é interpretado como sendo o obxectivo final, contendo todos os outros bens. Na filosofía cristiá, o ben maior é comumente definido como a vida dos xustos, vivida en comuñón con Deus e de acordo cos preceptos divinos.

O concepto, ben como as consecuencias filosóficas e teolóxicas, pode ter orixe nas formas clásicas do monoteísmo. Foi presentado ao mundo Occidental a través de filósofos neoplatónicos, e descrito como característica dun Deus cristián por Agostiño de Hipona na súa obra De natura boni (en galego, A Natureza do Ben), escrita polo 339. Agostiña nega a existencia positiva do mal absoluto e describe un mundo con Deus como o ben supremo no centro, e define diferentes graos de mal como as diferentes etapas da distancia.Koslowski (1988), p. 170Lay (1989), p. 85

O sumo ben pode ser encontrado en varias doutrinas:

Utilitarismo, unha doutrina ética onde o ben maior é asociado ao benestar do maior número de persoas posíbel; Eudemonismo, doutrina segundo a cal a felicidade é o ben maior dos seres humanos; Deontoloxía, doutrina onde o ben maior é identificado coa moral e o deber.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Idea do Ben Sentido da vida

Categoría:Cristianismo Categoría:Conceptos filosóficos Categoría:Filosofía da Idade Media