Manuel Torres Picón, nado en Santiago de Compostela en 1902, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria Fillo de Felipe Torres e Marcedes Picón. Carpinteiro. Afiliado á CNT dende 1928, foi tesoureiro do seu sindicato por dous meses. Representou o Sindicato de Zoqueiros de Santiago no Pleno Rexional de Santiago de febreiro de 1933. Foi elixido tesoureiro do Partido Sindicalista de Compostela en maio de 1935.
Foi elixido vicesecretario da Unión Protectora de Artesanos de Compostela en setembro de 1939.El Compostelano, 22-9-1939, p. 2. Militante da CNT clandestina de Compostela, recibía propaganda dende Madrid e participou na organización dos comités de Vigo e Vilagarcía. En maio de 1947 intentou reorganizar a CNT de Compostela con Miguel Sangenís. Detido, foi procesado na causa 156/47. Xulgado en consello de guerra celebrado en Vigo o 1 de xuño de 1948, foi condenado a 3 anos de prisión.
Vida persoal
Casou con Victoria García Meijide en 1932,La Voz de Galicia, 22-10-1932, p. 9. e foi pai de Manuel (finado en 1943), Mercedes, Felipe, Antonio e Dolores Torres García.El Correo Gallego, 15-1-1943, p. 2.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (T)
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1902 Categoría:Carpinteiros